ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na véspera do Día das Letras

Churrascada pola Lingua (estufada)

"Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha Gran Churrascada pola Lingua (estufada), para reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización".

Redacción - 12:37 13/04/2007
O albaroque será o 16 de maio

O albaroque será o 16 de maio

A "Xente da Lingua", segundo se autodenominan, autoconvócanse e convocan a todo aquel que se sinta parte deste colectivo ao Albaroque da Lingua 2007, unha grande churrascada colectiva con motivo do Día das Letras, e "para reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva", segundo sinalan.

"A xente da lingua –o ghallegho, o galego, o galego-portugués e, claro que si, o portugués– autoconvidámonos a unha xuntanza de confraternización", manifestan no blog creado para a ocasión.

"Diferentes sorpresas"
Será o día 16 de maio no Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela. Haberá buses de ida e volta desde o aparcadoiro do Auditorio de Galicia. O prezo é de 25 euros, e inclúe a cea, o transporte e "diferentes sorpresas", como un espectáculo ao vivo "inesquecíbel".

A data límite para se anotar é o 29 de abril. O menú está composto de entrantes, patacas, ensalada, bebida, café, licores e, por suposto, churrasco.

Máis información no blog Albaroque da Lingua.


4,5/5 (16 votos)


Comentarios (3)

Barcelos #1 13/Abril/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme un disparate que o día das Letras galegas sexa día de festa, habendo festas moito máis populares que non son días de festa como: San Xoan, San Pedro, O día do Carme, San Xosé, O Entroido... Ata sería mellor para as Letras que non fose festa, tanto no ensino como pra os libreiros, que poderían celebralo de forma máis testimonial.

cristina #2 16/Abril/2007 cristina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FEEEEEESSSSSSTTTAAAA

Barcelos #3 16/Abril/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FEEEEESSSTTTAAAAA rachada todos os días.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: