Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Imporán restricións máis estritas

O primeiro ministro australiano non quere inmigrantes con sida

John Howard asegurou este venres que o seu gabinete xa está a estudar restricións para evitar a entrada de inmigrantes con VIH no país.

Redacción - 11:40 14/04/2007
John Howard / Foto: Wikipedia

John Howard / Foto: Wikipedia

“A miña reacción inicial é non”. Así contestou este venres o primeiro ministro australiano John Howard cando lle preguntaron nunha radio de Melbourne se os estranxeiros coa sida deberían ser admitidos no país como inmigrantes ou refuxiados.

Segundo o dirixente, “podería haber algunha consideración humanitaria para considerar nalgúns casos, pero a primeira vista non”. Na súa opinión, “deberíamos ter as condicións máis estritas posíbeis con relación a isto” e adiantou que o ministro de Saúde do seu goberno está xa a estudar “as formas de restrinxir máis as cousas”.

Australia xa prohibira a entrada no seu territorio a persoas con tuberculose, aínda que neste caso non se mira polo risco de contaxio, senón polos “custo desta situación sanitaria ao sistema de Saúde de Australia e aos servizos comunitarios”.

Pola súa parte, colectivos e asociacións de enfermos de sida acusaron a Howard de xenofobia e de apoiar as crenzas de que son os inmigrantes, sobre todo os africanos, os responsábeis de levar a enfermidade até Australia.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: