Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Delorean, Astrud, Lori Meyers, Deluxe, Catpeople...

O Festival do Norte xa ten cartel para este 2007

Dezaseis grupos encherán de música os tres escenarios que se instalarán o 18 e 19 de maio no recinto ferial de Fexdega en Vilagarcía de Arousa.

Redacción - 12:58 15/04/2007
Nicolás Pastoriza, de Ectoplasma

Nicolás Pastoriza, de Ectoplasma

As actuacións desenvolveranse en tres escenarios, o Estrella Galicia, o Caixanova e a carpa Festival do Norte Dance Club. O primeiro instalarase ao aire libre e será o principal. Por el pasarán o día 18 de maio Delorean, Astrud, The Sunday Drivers, Fernando Alfaro y los alienistas e Travolta. Na segunda noite serán Catpeople, Deluxe, Lori Meyers, Sr. Chinarro e Grupo de Expertos Sol y nieve os encargados de por a música sobre as táboas deste palco.

O segundo escenario, o Caixanova, instalarase dentro dunha carpa con capacidade para 2.000 persoas. Triángulo de amor bizarro, Mendetz e The Blows, o día 18, e Schwarz, Ectoplasma e Igloo, o 19, serán os seus protagonistas.

O Festival do Norte, considerado como un referente no Estado, contará ademais nesta edición na Festival do Norte Dance Club con catro dj's que protagonizan actualmente o panorama do pop-rock independente.

Ao igual que en edicións anteriores, habilitarase unha zona de acampada que estará dotada con todos os servizos necesarios, que este ano se situará no Parque Enrique Valdés Vermello.

As entradas estarán á venda dende o 16 de abril e poderanse adquirir a través de Caixanova e en tendas de discos. O prezo para unha soa xornada será de 12 euros en venda anticipada e 15 no despacho de localidades mentres que os abonos para asistir os dous días e con dereito a acampada será de 18 euros por adiantado e 22 no día.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: