Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Unha xunta modificará os estatutos do club

O Dépor podería cambiar de mans decontado

Lendoiro busca un socio maioritario que achegue capital á sociedade deportiva, para o que suprimirá o tope do 1% das accións.

Redacción - 10:11 17/04/2007
Escudo do Deportivo

Escudo do Deportivo

O Deportivo da Coruña podería cambiar de dono a curto prazo se os seus accionistas aproban a proposta do consello de administración. O presidente do club, Augusto César Lendoiro, pretende eliminar o límite do 1% do capital social do club por persoa para darlle entrada a máis diñeiro.

Na práctica, iso supoñerá que un só individuo se poida converter en propietario da sociedade, a diferenza do que acontecía até agora, co capital dividido entre moitos pequenos accionistas. Segundo informa La Opinión da Coruña, convocarase unha xunta extraordinaria de accionistas o 4 e o 5 de xuño no colexio de Santa María do Mar para modificar os estatutos do Deportivo.

Con esta medida, Lendoiro pretende resolver os problemas de financiamento que lle afectan ao club, conseguindo que un socio maioritario achegue o diñeiro necesario para a súa subsistencia. Pero, se o Deportivo cambia o sistema de accionariado, tamén terá que renegociar co Concello da Coruña o convenio que lle permite, entre outras cousas, facer uso das instalacións de Riazor.


3,71/5 (7 votos)


Comentarios (4)

chou #1 17/Abril/2007 chou

Lendoiro, xa chegou a fin da túa etapa, vaite sen danar ó Deportivo.

semprecelta #2 17/Abril/2007 semprecelta

Concordo chou, e o que veña que pense en clave de país. O meu apoio aos deportivistas e coruñeses galegos ... ao resto: que marchen con Lendoiro fóra da Galiza.

Barcelos #3 17/Abril/2007 Barcelos

O cambio de mans quere decir que o Depor en lugar de ser de miles de accionistas será de un: De Lendoiro. ¡A cagamos! Pois si xa se levaba pasta do club cando era de todos, ¡o que non se levará cando sexa só del!
Aínda que ten defensores a matar o que fixo Lendoiro é imperdoable. Despilfarrou o diñeiro dos coruñeses fóra de Galicia. Só a época de Arsenio podería estar xustificada se o exito dos primeiros anos recuncase na canteira da nosa terra, pero a maneira en que desprezou Lendoiro a este señor non ten perdón.
Arsenio é un bo representante de Galiza. Lendoiro é mais Caneda representan a Galiza dos caciques.
Se Lendoiro chega a ser alcalde da Coruña, construiría mazás enteiras de casas para a súa familia.
Vaite a tomar polo Q. Ficha polo Madrid e acaba con eles.

A2b2 #4 22/Abril/2007 A2b2

E cando lle quitaremos o "L" a La Curuña?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: