Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APOSTA INTERNACIONAL

Caixanova merca o 5% da Compañía Loxística de Hidrocarburos da China Aviation Oil

A entidade galega desembolsará 171 millóns de euros para adquirir 3,5 millóns de accións

Redacción - 11:25 18/04/2007

Caixanova vén de formalizar unha importante operación internacional. A entidade de aforros mercoulle o 5% da Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH) á sociedade China Aviation Oil, con sede en Singapore. Caixanova sinala que esta operación é “un paso máis na súa aposta por potenciar investimentos en empresas rendíbeis”.

CLH é o maior operador loxístico de hidrocarburos no país oriental. Nos nove primeiros meses do ano pasado obtivo un beneficio despois de impostos de case cen millóns de euros. A empresa dedícase a dar servizos loxísticos e ao transporte e distribución de hidrocarburos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: