Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A empresa tentou persuadir os técnicos lusos

As autoridades portuguesas desaconsellan a planta de Pescanova

A multinacional ten un prazo de quince días para modificar a memoria do proxecto.

Redacción - 11:10 19/04/2007
Dunas de Mira, onde Pescanova pretende construír a planta / Foto: António Campos

Dunas de Mira, onde Pescanova pretende construír a planta / Foto: António Campos

O proxecto de instalación dunha planta de acuicultura de Pescanova a Portugal corre perigo de ir a pique. O pulso que mantivo a multinacional galega co Goberno tras a paralización da piscifactoría de Touriñán ameazando con trasladar os supostos beneficios da fábrica ao país veciño parece que quedou en auga de fregar.

Segundo unha fonte ligada ao proxecto, que cita o Jornal de Notícias, existen irregularidades no estudo de impacto ambiental, condición imprescindíbel para que poida saír adiante a planta de Mira. En previsión de que a iniciativa non ía ter un bo remate, Pescanova xa pedira a suspensión do proceso. A empresa convidou varios membros da comisión á planta de Xove, para amosarlles as “boas prácticas” que seguen e Galiza e persuadilos de aprobar o estudo.

As informacións revelan que que o estudo non pasou o primeiro criterio de avaliación, por problemas na captación e devolución da auga do mar. A empresa ten 15 días para modificar a memoria descritiva do proxecto. En caso contrario, non poderá saír adiante. O estudo ten como data límite finais de maio.

Satisfacción dos ecoloxistas
A asociación ecoloxista Adega amosou a súa conformidade coa previsíbel decisión das autoridades ambientais portuguesas. O veto demostra que non se pode destruír unha zona protexida escudándose “nun suposto interese público, que en realidade é un beneficio para uns poucos e prexuízos para a sociedade”.

Tamén explicou que este é un xeito de actuar habitual entre as empresas: enviar globos sonda como o suposto traslado de postos de traballo a Portugal. Malia isto, Adega teme que agora Pescanova tente levar a súa planta a outro país onde as leis ambientais sexan máis permisivas.

A piscifactoría de Pescanova, prevista nun principio para un espazo protexido da Rede Natura 2000 en Touriñán, fora paralizada pola Xunta. Despois duns meses de tensión entre o Goberno e a empresa, durante os que se lle propuxeran emprazamentos alternativos, a multinacional decidira trasladar o proxecto a Portugal, a outra zona igualmente protexida, en Mira, confiando nunha suposta maior permisividade das autoridades lusas. Pero, finalmente, non vai ser así.


4,79/5 (19 votos)

Comentarios (11)

xansenmedo #1 19/Abril/2007 xansenmedo

Os portugueses van quedar coa piscifactoría e Touriño e Quintana van quedar mirando un para o outro con cara de tontos. Non eran os "progres" os que miraban polo ben de Galicia. Este goberno é de risa ...

xansenmedo #2 19/Abril/2007 xansenmedo

Perdón, onde dixen Touriño e Quintana quixen dicir Pepiño Blanco e Antón Losada ...

chou #3 19/Abril/2007 chou

Xanciño... seica tés familia en Pescanova?!?!?!?!
Ninguén que protexa a súa terra vai permitir que estes segan a esnaquiza-la natureza, chámese Galicia, Portugal...

xansenmedo #4 19/Abril/2007 xansenmedo

Si, chou, si. É mellor non ter onde traballar e ter que emigrar coma min. Seguro que ti es un funcionario da época de Felipe González que vive como Dios ... así dá gusto defender a naturaleza.

chou #5 19/Abril/2007 chou

:) gústame a xente coma ti xanciño.
Falar dos demáis sen saberen...
Pode que eu estea un pouquiño máis lonxe ca ti da Galicia... E iso de que non hai onde traballar...
O que quere, pode.
Un saúdo

Dias #6 19/Abril/2007 Dias

Acho que a decisom de trasladar a fábrica a Portugal, insistindo no mesmo desrespeito polas questões ambientais revela uma mentalidade medíocre. É o mesmo que dizer: "Aqui nom deixam por causa do ambiente? Vamos alá, onde nom se procupam com tal!". Deu no que deu...

surenho #7 19/Abril/2007 surenho

Outro estrago ao patrimonio de todos para beneficio duns poucos é o proxecto de urbanización nos montes de Pinzás en Tomiño que denunciou a web inforosal.com e que tamén se ten recollidos en Vieiros.
Construír oito centos chalés e un campo de golf e acabar cun vizoso monte. E o beneficio para os veciños 6 euros por metro, un chalé para usos sociais e pouco máis. Pan para hoxe e fame para mañá.
A pretensión de Pescanova é a mesma, que a sociedade lles regale a costa ou o territorio para que eles tiren o seu beneficio e en troques ofrecen catro postos de traballo. Como ben di ADEGA queren facer pasar o interese particular por interese público. As costas e o territorio en xeral son recursos naturais non renovábeis cos que hai que ter moito coidado e que cómpre non estragar e deixar en herdanza ás xeracións vindeiras.

luisfoz #8 19/Abril/2007 luisfoz

À fim resultou que os portugueses nom eram tam parvos como criam os que agora mandam em Pescanova!

Roquinho #9 19/Abril/2007 Roquinho

Aledome pola nova, e espero que todolos paises teñan unha visión de futuro e non permitan que moitas empresas co engado de promesas as mais veces falsas destruan o patrimonio de todos para satisfacer exclusivamente os seus intereses economicos; xa está ben que aproveitandose das necesidades da poboación en materia laboral, estas empresas sen escrupulos so queiran impor os seus criterios, por desgracia moitas veces avaladas por politicos que antepoñen os seus propios intereses os da poboación a que din servir.

Barcelos #10 19/Abril/2007 Barcelos

Que dirá agora La Voz de Galicia que acusaba a Xunta por non someterse o capricho duns caciques?. Non se pode permitir o abuso e a destrucción da natureza por moito traballo que che den. E mellor non ter traballo que traballar de criminal ainda que para algúns semella que non. O mellor en Marrocos lle deixan a Pescanova poñer as suas fábricas é contaminar o que queran. Peor para eles.

A2b2 #11 21/Abril/2007 A2b2

¡Viva Portugal!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: