Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha manifestación percorrerá Compostela

Chaman o profesorado de infantil e de primaria a un paro o 3 de maio

CIG-Ensino e STEG protestan contra a ampliación da xornada lectiva en xuño e en setembro.

Redacción - 17:27 19/04/2007
Concentración do profesorado o mércores en Compostela / Foto: CIG

Concentración do profesorado o mércores en Compostela / Foto: CIG

O profesorado de infantil e de primaria está convocado a unha folga o 3 de maio para protestar contra a supresión da xornada reducida en xuño e en setembro. Os sindicatos CIG-Ensino e STEG están descontentos coa actitude da Consellería de Educación de publicar o calendario escolar no Diario Oficial sen ter consultado con eles.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirmou que a actitude da consellaría “é unha provocación cando hai un clamor do profesorado en contra dunha decisión unilateral e antidemocrática”. Pola súa banda, Xosé Cabido, do STEG, criticou que se aumente a carga lectiva dos profesores sen ter en conta criterios pedagóxicos. Os dous coincidiron en salientar que a medida prexudica a conciliación da vida familiar e laboral do profesorado.

Os mestres tamén están chamados o mesmo 3 de maio a unha manifestación en Compostela, que partirá da praza do Toural ás once e media da mañá e rematará diante da sede da consellaría, en San Caetano.

No caso de que non haxa entendemento con Educación, os dous sindicatos estudan tomar medidas máis drásticas, como chamar á insubmisión fronte ao horario de xuño e de setembro, e convidaron o resto das forzas sindicais a secundar as convocatorias.


4,5/5 (2 votos)

Comentarios (10)

forxas #1 20/Abril/2007 forxas

Resulta abraiante a capacidade de mobilización, segundo que...: estase a priorizar o funcionariado sobre os dereitos dos outros membros da comunidade educativa ? Deberíanse dar razóns de tipo pedagóxico e laboral,pedir o aumento do número de mestres mais non drenar calquera tipo de debate con rótulos coma "decisión unilateral e antidemocrática".Compre reparar que unha xornada ampliada serve, por exemplo, para conciliar a vida laboral e familiar doutras moitas parellas. Entendo que non debe ser o profesorado quen apande con todo, apoio e entendo que reclamen solidariedade mais deberíano explicar denantes de guindar eslogans de recendo corporativo.

josecomesanha #2 20/Abril/2007 josecomesanha

Os únicos que poden conciliar vida laboral e familiar son os mestres/as, son os únicos que teñen uns horarios laborais que coinciden cos horarios lectivos dos seus fillos; logo chega o tempo do nadal, entroido, semana santa e verán, cando os nosos fillos teñen que quedar na casa, e tamén, os traballadores do ensino, son os únicos que non teñen que pedir favores a familiares ou amigos, os únicos que non necesitan contratar a alguén para que coide dos seus fillos. Pareceme ben que estas persoas queran defender os seus "dereitos", para mín privilexio, pero cando os seus dereitos perxudican a maior parte da poboación, que é quen lles da o traballo e paga os seus salarios, deberían ter máis tino coas suas manifestacións. Entendo que os gobernos teñen que traballar polo ben común na sociedade, e neste caso a medida proposta pola consellería beneficia a moita xente, ainda máis, non creo que os ensinantes saian perdendo, algún novo dereito ganarán.

Druida #3 20/Abril/2007 Druida

Para o Señor josecomesanha: Espero que vostede non sexa pai, porque no seu escrito non pensa en ningún momento nos rapaces, só nos pais e nos "privilexios" dos mestres. Asemade amosa un gran descoñecemento da situación dos mestres. A maioría dos mestres temos que facer 1 hora e media ou 2 horas de viaxe para chegar aos nosos centros de traballo. Tamén temos fillos. E os horarios non coinciden para nada. Aquí non estamos a protestar porque aumenten o número de horas, estamos a protestar o feito de que as tardes de xuño e setembro non son aptas para actividades de esforzo mental. Os centros non son garderías nen garaxes, os mestres temos a obriga de ensinar e formar. Se vostede ten algunha queixa puntual ao respecto, entón si que ten dereito a reclamar. Por último, se cree que o traballo de mestres é tan chollo, apúntese as oposicións, que cada ano hai máis prazas. E lembre, na vida, nunca é bo xeneralizar.

baltar69 #4 20/Abril/2007 baltar69

ben. creo que entre uns e outros acabarémonos cargando o sistema público de ensinanza. eu, de feito, según teña posibilidade, sacarei os méus vástagos do " colexio nacional " para que mestres e mestras teñan todo o tempo libre que lles pete.
antes decíase que se suprimían as clases da tarde por que os centros non contaban con suficiente bolsa para atendelo comedor; logo era por axustes no transporte. ahora druida considera que as tardes de xuño e setembro non son aptas para o esforzo mental. coño!! será por eso que graham greene e bukowsky soio escribían pola noite? será por eso que a tvg soio programa bodrios a esas horas? ca canícula topamos!! e tanto opositor mallando filosofía en xullo/agosto!! cómo non sube a tasa de lipotimias, de derrames cerebrais?? qué decir dos invernos pasados, nos que no colexio de taboada non funcionou a calefacción? cómo conseguiron os alumnos fixala atención e o mestre explicala circulación e a reproducción sin sufrir síncopes ou paroxismos? será que o intelecto soporta mellor os rigores do frío que os excesos do calor!!
é certo que os colexios non son garaxes donde deixalos rapaces mentras se vai traballar para pagala letra do coche, pero a presunta capacidade de formadores dos ensinantes tamén queda en entredito ante as fornadas que producen. qué realmente creen estes esforzados paladíns da democracia sindical estar facendo? qué papel supoñen estar cumplindo? tristemente a de meros vixiantes de tiernos infantes que non poden quedar soios na casa. os máis brillantes membros da comunidade están noutra cousa, señores, e acabaron de mestres os que antes acababan na garda civil ou de curas. anden, anden, movan para alí un pouquiño e non den a lata, que xa parecen todos un pouco o mariano raxoi ou o can do hortelano.
e si o patrón manda ir de tarde, haberá que ir. xa sei que é unha xogada, ahora que moitos pensaban na xornada contínua para perderse polo shopping center a ver escaparates durante as tardes, pero pensen que para entrar as nove ( ou as nove e media ), moitos rapaces do rural deben levantarse a eso das sete da mañán. como xa sei que o protagonista do sistema de ensinanza é o alumno e non o mestre ( da mesma forma que do sanitario é o enfermo e non o médico ) teñan os docentes un pouco máis de respeto e, habida conta do ben pagados que están, traballen. ou creen que polo feito de ter superado unha oposición xa está todo feito? quizás o estado debería revisar as normas da función pública e utilizar baremos máis acordes co devalar dos tempos antes de que teñamos máis mestres que alumnos na cousa pública.

Druida #5 20/Abril/2007 Druida

Vexo que atacar os mestres é a solución máis fácil. (Cobramos moito, non facemos nada, imos de "shopping", non producimos nada, protestamos moito). Que fácil é facer demagoxia. Queda moi bonito. A pesar diso a min non me vai a afectar no traballo e na ilusión que teño dando clases aos meus alumnos. Non temos practicamente medios materiais, damos clase co que temos. Pero aínda así, os rapaces aprenden, fórmanse. Outros ao mellor síntense realizados vendendo unha póliza de seguros. Eu síntome realizado cada día. Pero iso non quita que eu poda criticar o que me parecen inútiles medidas educativas, como é dar clases nas tardes de xuño. Que poñan máis diñeiro na mesa, que teñamos máis clases en marzo....pero en xuño.....ah, certo os meus alumnos son futuros Graham Greene, esquecíao. Que pena dan as súas verbas señor Baltar69, falando dos mestres como a escoria do producto universitario ("acabaron de mestres os que antes acababan de garda civil ou de curas"). Íalle decir que preparase oposicións para mestre, pero vostede seguro que ten un nivel intelectual superior para isto. Como lle decía antes a outra persoa, xeneralizar é algo moi perigoso, e na profesión de mestres hai de todo, pero isto inclue xente moi válida e moi preparada.

Barcelos #6 20/Abril/2007 Barcelos

1º) Creo que o Colexio non é unha guardería onde o traballador deixa ao fillo e ao final da súa xornada recólleo xa educado.
2º) Non entendo como hai tanta xente que pensa que os mestres viven como Deus e non se fixo mestre.
3º)Eu non son mestre pero teño moitos amigos e familiares que si o son e asegúrovos que non os envexo en nada. Teñen que aguantar alumnos maleducados e algúns delincuentes. Teñen que aguantar pais maleducados e teñen que aguantar directores, na privada, absolutistas. E nas súas "vacacións" teñen que preparar clases, exames, facer cursos, etc. E o seu soldo tampouco é envexable.
4º) Fan ben en ir á folga e se non lles fan caso en ignorar o novo horario que queren impoñer en xuño e setembro.
5º) O horario laboral dos pais débese conciliar con normativas laborais. ¿Ou seica se o pai é garda nocturno e a nai é enfermeira con quendas de noite ten que haber unha escola nocturna para que se encargue dos seus fillos e así poidan coincidir con eles durante o día?
6º e derradeiro) Que mala memoria tendes. Cando eramos cativos tiñamos uns horarios de puta nai. Vacacións de xuño a outubro, máis Nadal e semana santa. Oxalá aos que se queixan agora volvésenos a meter no colexio con estes horarios que eles piden.

baltar69 #7 24/Abril/2007 baltar69

quizás esté ben retractarse; quizás fun demasiado expansivo na berborrea e molestei a algún membro da pirámide educativa. eu coñezo profesionais de moitos sectores, dende médicos a putas, dende ministros a filósofos ( que non dan clase, por certo ) e en tódolos lados hai boa xente. xente preparada, cabal, loitadora, traballadora. xente que se arrisca, que se afianza cada día no seu lugar. pero mangantes, donde máis teño visto, é na teta do estado. o estado que non soio pertenece os funcionarios, o estado que somos todos e que, uns e outros, nos empeñamos en tirar; moitos escondendo uns intereses ben coñecidos pero o peor e cando os que tanto decimos aferrarnos a tal ou cal virtude, nos pomos en plan clase e arramplamos con todo en nome do noso interés. e dos que ahí chupan, na tetiña de antes, os mestres están a demostrarme que levan xa certa distancia co resto.

alozaina #8 27/Abril/2007 alozaina

Pensade en nenos de tres anos obrigados a permanecer nas clases ata as 5'30 da tarde en verán,a primeiros de setembro e a finais de xuño; non está ben.Cando eu era nena tiña xornada partida pero NON en xuño ou setembro. Para conciliar os politicos ten que tomar medidas valientes como racionalizalos horarios laborais dos traballadores pero é máis sinxelo converter os colexios en contenedores de nenos e ainda por riba empregar a vella demagoxia sobre os mestres...

Barcelos #9 28/Abril/2007 Barcelos

Alozaina: Aquí a xente non pensa nos nenos, pensa en si mesma e en ter que aguantalos.

mestre #10 2/Maio/2007 mestre

...non concibo como se pode falar sobre un tema sen ter coñecemento del.
a ignorancia é moi atrevida (por poñer un exemplo a carta de hoxe de "La voz"

so vou coller citas lidas nos comentarios de aki arriba...

1º artista: josecomesanha

"Os únicos que poden conciliar vida laboral e familiar son os mestres/as"

- non sei si sabe que esa "hora lectiva de mais" que queren implantar xa figuraba no horario do profesorado como permanencia no centro, polo que non se trata dun aumento de horario ó profesorado, senon horario lectivo, a ver si nos enteramos.

- co sistema actual, sexa polo que sexa, os mestres debe ser dos colectivos que mais viaxa, sendo normal estar entre 30 mins e 1 h no coche (1 ou 2 horas ó dia ida e volta)

2º artista: Baltar "se o patrón manda ir de tarde, haberá que ir. xa sei que é unha xogada,"

que eu sepa o regulamento do funcionariado esta suxeito a unha normativa democratica e legal por parte do estado e os mestres son uns mais, debese modificar de maneira democratica, non asi.

"habida conta do ben pagados que están"

- jaaaaaaajajajajaj...

"ou creen que polo feito de ter superado unha oposición xa está todo feito?"

- gustariame que soubese a cantidade de traballo que fan os mestres por boa vontade e que non estan obrigados a facer, como por exemplo festivais, saidas, decorar o colexio, atender ós pais fora do horario de titorias, etc...

....esta claro que non se saben moitas cousas sobre esta folga que nun principio apoiaban todos os sindicatos e agora "milagrosamente" firmaron un preacordo que caseque non modifica as condicions iniciais da "iluminacion" da conselleira ¡e un sabado! eso si q e traballar...

para todos aqueles como baltar que pensan que "la cantidad es lo importante" que se lea este articulo, que non ten desperdicio...

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=78&idNoticia=161419

sau2 cordiais

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: