Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Do 27 de abril ao 17 de xuño

Un programa de Xuventude permitirá coñecer o país a través de sete rutas de fin de semana

A Dirección Xeral presentou Naturalmente Galicia, unha iniciativa que pretende achegarlles aos mozos o valor de zonas do país diferentes ás súas.

Redacción - 18:24 19/04/2007
Cara sur da Serra de San Mamede / amigosdaterra.net

Cara sur da Serra de San Mamede / amigosdaterra.net

O secretario xeral de Xuventude, Rubén Cela, presentou este xoves o programa Naturalmente Galicia co obxectivo de dar a coñecer Galiza a través de sete rutas de fin de semana, que pretenden valorizar a riqueza cultural, arqueolóxica, natural e etnográfica de diversos puntos de Galiza.

Cela subliñou que este programa está dirixido a persoas de entre 18 e 30 anos, e consiste en saídas de fin de semana, que inclúen rutas a pé de dificultade media, rutas en kayak, piragua ou bicicleta. Estas desenvolveranse entre o 27 de abril e o 17 de xuño, cun máximo de até 22 persoas por cada unha.

8.000 prazas

Este plan pretende "mellorar o coñecemento cultural, físico e natural" do país, e fomentar actividades que "sensibilicen" á xuventude na conservación do medio. "Trátase de que unha persoa do Baixo Miño coñeza as riquezas da Mariña lucense e viceversa", apuntou Cela.

As rutas achegarán aos mozos ao Baixo Miño, ás fragas do Eume, á serra do Courel, á Mariña lucense, á Fonsagrada, á Serra de San Mamede e á Ribeira Sacra. En total, son 8.000 prazas que se poden reservar a través da web da Vicepresidencia. O custe é de 12 euros.


4.92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: