Xosé Blanco defendeu que no futuro estes non deberían participar nas eleccións autonómicas e municipais, mentres que o presidente cinguiuse á legalidade vixente.
O presidente da Xunta, o socialista Emilio Pérez Touriño, manifestou este venres que as declaracións feitas polo secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, son froito dunha "reflexión persoal", e que os emigrantes "teñen dereito a voto" en todos os procesos electorais que se organizan no Estado.
Touriño respondía deste xeito ás palabras de Blanco quen, tamén este venres, na televisión pública española (TVE), propuxo que os residentes no estranxeiro non poidan participar nas eleccións autonómicas e municipais. Ademais, dixo que deberían ter unha circunscrición específica que lles permitise elixir os seus propios deputados.
Primos de Palas de Rei
Blanco xustificou a súa proposta ao se referirse á situación que se está a vivir nalgúns concellos galegos, en que hai máis electores fóra do Estado que no municipio, algo que tachou de "disparate". A modo de exemplo, dixo que el tiña uns primos que "nunca" acudiron á súa localidade natal, Palas de Rei (A Ulloa), mais que "poden votar e decidir". Neste contexto preguntouse "se iso é xusto, razoábel e honesto".
O presidente do Goberno admitiu que "moitos cidadáns hoxe se preguntan en voz alta o mesmo", aclarou que a "responsabilidade dos dirixentes políticos" pasa por "garantir os dereitos comprometidos na Constitución e nas leis".
Urxente reforma lexislativa
"Na actualidade, os emigrantes teñen dereito a voto, deben poder votar e facelo con liberdade e transparencia", apuntou, e proclamou que "dende o Goberno e o Parlamento queremos que se poidan exercer con plenas garantías".
Xa que logo, "como dirixente político" avogou por proceder "con urxencia" ás reformas lexislativas necesarias para regulamentar o voto en urna dos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA), co obxectivo de asegurarlles a participación "secreta e libre".
Proposta do BNG en Madrid
Por outra banda, a deputada do BNG no Congreso dos Deputados de Madrid, Olaia Fernández Davila, presentou unha moción na que urxe ao goberno español a modificar a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX), para que entre en vigor antes das vindeiras eleccións xerais.
Na súa iniciativa, o BNG pide que se reforme, principalmente, o voto emigrante para "asegurar a súa transparencia e limpeza", e garantir que os emigrantes poidan votar en urna. Ademais, reclama que, na designación do número de representantes, se teña en conta o "xeito proporcional" e a importancia numérica do censo de electores no exterior.
Se estiveses calidiño, que lindo ías estar, Pepiño, que lindo ías estar ...
Por certo, grazas a que roubaches o voto emigrante tes ao Touro en Monte Pío.
Pepiño xa sabemos o que cobras que é unha chea. Como es tan parvo que o contas todo...
Ainda que eu penso que os emigrantes non deben votar nas eleccións. Touriño supoño que non o pensa, xa que goberna grazas a eles. E si poden votar os franceses e os iraquies pois mellor.
Cando me fun de casa dos meus pais perdín o dereito a gobernar a habitación que tiña alí.
O que foi para Kyoto perdeu o seu voto.
As veces decir o que un pensa e pior que oculta-la verdade e quedar tan pampo e rindose da xente, no tema do voto emigrante está claro que o que di o secretario de organización do PSOE é o mais sensato que se escoitou en moito tempo. Claro que os do PPGaita e o Touriño saben que na Galiza ese mesmo voto pode dar ou quitar moitos alcaldes e polo tanto agarranse a el pola sua facilidade de manipulación. Non escoitei decir a Xose Blanco que non lle chegase o soldo a fin de mes, mentres Rajoy sen decir o que cobra, seguro que mais, ten problemas para chegar a fin de mes, pobriño que magoa da.
Os emigrantes non deben votar no pais que abandonaron. Ou no seu defecto, .... o que di Pepiño Blanco. Touriño estase comportando como un auténtico cacique. Xa se lle ve o plumeiro ao POSOE, o caso do alcalde de Caldas (Juan Manuel Rey), so é a punta do iceberg.
¡Os emigrantes, que voten donde viven!
Dí un habitante da leira: "Os emigrantes non deben votar no pais que abandonaron". E digo eu porque non dí que os emigrantes non invirtan no "país que abandonaron", que non non construian e monten empresas, que non vaian facer "turismo" e deixar os cartiños, ou no pasado que non fagan escolas, asilos,...
A ver, non vai haber quen saque a conta das remesas financieiras dos emigrantes para a "leira".
E outra cousa máis, como é eso de que os emigrantes "ABANDOARON" o país, seica non se tiberon que ir por culpa da dependencia colonial da Galiza, por culpa da colonización do Estado español, non simplementeo o abandoaron, non son exilados ecomicos, que va.
Outro mais a repetir o discurso do franquismo, decindo que ninguen amigraba por necesidade senon por "aventura".
Canto leiriñas franquista ainda queda na Terra.
Amigo, Nelbrandam, há 30 anos que morreu Franco. Que fazem os netos dos emigrantes que continuam lá? Será que vivem melhor onde estão? Será que já não são galegos? Responda por si mesmo (se é o caso e se você quer) e não por outros.
Um deve votar onde vive, seja de ali ou de aqui. E, sim ainda ficam franquistas na Terra, mas não onde você aponta.