Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
CHÁVEZ DI QUE CONTABA COA DECISIÓN DE LIBERALO

"George Bush é un protector de terroristas" asegura presidente venezuelano

Goberno Revolucionario levará o caso Posada Carriles ante as Nacións Unidas. O presidente Chávez responsabiliza a George Walker Bush de plan desestabilizador en Venezuela.

Xurxo Martínez Crespo - 10:35 23/04/2007

Ao tocar o tema da posta en liberdade do terrorista Luís Posada Carriles, por parte da xustiza estadounidense, o presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, aseguro que non se estrañou para nada", con todo manifestou a grande indignación que causa a noticia.

Durante o programa Aló Presidente 283, realizado na vila comunal Bella Vista, do estado Yaracuy, o mandatario venezuelano non só manifestou indignación, senón que sinalou directamente ao presidente dos Estados Unidos, George Walker Bush, de protexer ao terrorismo internacional.

"Aquí acuso ao presidente dos Estados Unidos de protexer ao terrorismo internacional. Agora liberaron ao pai de todos os terroristas: Luís Posada Carriles, que aquí torturou a moita xente, asasinou xente aquí en Venezuela cando foi xefe de operacións da Disip asasina; mandoulle poñer a bomba ao avión cubano e mataron a máis de 70 inocentes, e agora o goberno de Estados Unidos permitiu que o liberen", asegurou.

Recordou que durante máis de dous anos, o Goberno Bolivariano solicitou a extradición de Posada Carriles sen obter unha resposta favorábel, á vez que anunciou que Venezuela levará este caso ante as Nacións Unidas.

Considerou o presidente Chávez que "non é unha coincidencia que nestes días, finais de abril, cando comezou un novo plan desestabilizador en Venezuela liberen ao terrorista Posada Carriles"; á vez que asegurou que "Posada Carriles estivo planificando desde fai varios anos o asasinato, non só de Fidel Castro, senón o meu asasinato e ten unha poderosa rede apoiada pola CIA desde fai moitos anos, el é un home da CIA".

Agregou o presidente venezuelano que "a CIA está regada por todo o continente, desde Estados Unidos á Patagonia; esa rede estase reactivando e agora está máis motivada pola impunidade, porque o seu xefe, o pai dos terroristas foi liberado".

O presidente Chávez responsabilizou a George Walker Bush de "estar impulsando de novo un plan desestabilizador contra Venezuela e de estar dándolle luz verde aos plans de asasinato contra min. Acúsoo ante o mundo enteiro".

Finalmente, chamou ao pobo venezolano a estar alerta, "cos ollos abertos" e que "ante calquera cousa que aconteza, profundemos a revolución venezuelana, botemos ao imperialismo, botemos ao capitalismo e construamos a patria socialista".

Asasinan a líder social bolivariano

O presidente Chávez referiuse ao asasinato de Arquímedes Franco, líder dos mensaxeiros en moto bolivarianos e loitador social recoñecido, e cualificou o feito como "moi estraño".

Chávez solicitou aos organismos competentes unha investigación a fondo, á vez que solicitou que este caso non quede impune.

Comentou que "encomendei ao ministro (Pedro) Carreño que pescuden a fondo e non queden impunes estes asasinatos, todos somos responsábeis"; e agregou que "imos apertar as porcas en todos os niveis; non á impunidade, que é un cancro que ameaza a nosa revolución: a corrución, a impunidade, a inseguridade nas rúas. Imos traballar duro".


3/5 (2 votos)


Comentarios (1)

COUTOVEN #1 26/Abril/2007 COUTOVEN

No es la primera vez que Estados Unidos a dado apoyo a personas de dudosa calaña. Posada Carriles tendría que estar quemándose en la quinta paila del infierno. Pero por favor, que un golpista como Chávez emita semejantes calificativos esta totalmente fuera de contexto. Cuando Chávez dio su golpe de estado (hoy en día pretende hacer apología del delito, transformando esa fecha en celebración nacional) no fue repartiendo flores. Señores, utilizo tanquetas, aviones y fusiles. En pocas palabras repartió plomo de lo lindo. Por cierto, a pesar de ese ataque cobarde, el fue el único que no logro su objetivo y se refugio en el museo histórico militar.
Con respecto al apoyo a terroristas. Como se dice en Venezuela: Cachicamo diciéndole al morrocoi conchuo. Un equivalente bíblico del “criticar la paja en el ojo ajeno cuando en el propio hay un viga”. ¿Es que el CANCILLER DE LAS FARC , Rodrigo Granda es una mansa paloma?. Imagínense, tenia cedula nacional y hasta estaba inscrito en el censo electoral y no hablemos de Vladimiro Montesinos, Chávez estaba tan bien informado, que aun después que su compañero PEDRO CARREÑO (ministro en la actualidad) señalo que estaba muertito, lo saco del sombrero como si fuera mago. Y por favor, si hablamos de TERRORISTAS ¿donde dejamos al Chacal? (Familiar del presidente de PDVSA). Es que nadie se acuerda de las elocuentes manifestaciones de Chávez al referirse al mismo.
Si el gobierno norteamericano apoya terroristas esta muy mal. Y si el gobierno Venezolano apoya a las FARC, a genocidas como Mugabe o Sadan Jusein. Eso si esta bien.
El mejor favor que se puede hacer a este mundo y de forma especial a los que estamos fuera de Galiza y que tenemos conciencia Socialista, es deslastrarnos de sátrapas que pretenden comprar la conciencia de las personas a fuerza de petrodollares.

información: CACHICAMO = suerte de armadillo
MORROCOY = Tartaruga de terra ó Sapoconcho

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: