Jairo Iglesias, candidato ao Premio Mestre Mateo pola súa curtametraxe 'Cicatrices', presenta unha nova produción: xa podemos ver o tráiler de Rosa dos ventos na web da curta, ademais de varios vídeos en Youtube:
Esta curtametraxe, producida por
Jairo Iglesias e Sara Horta, conta no seu elenco con Belén Constenla (no papel de Rosa), Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán. Os tópicos do mar, a soidade, o amor e a viúva de vivo centran esta historia ambientada na costa bergantiñá. A terceira curta de Producciones
Retrato hase estrear a mediados de maio na Coruña, Santiago de Compostela e Malpica, onde foi gravada a curta a comezos de setembro do ano pasado.
A
curtametraxe conta co apoio da Consellería de
Cultura e Deporte da Xunta e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da
Vicepresidencia, e foi producida por Retrato e
Mr.Misto Films e coa colaboración do Concello de
Malpica, os estudios de son
PousadaSon, Recreativos Ogeppik,
Dobleclic.info,
Gadisa e Alcomte Galicia.