Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Heroes" do medio ambiente

O "Nobel Verde" reparte afagos de Zambia a Mongolia

Willie Corduff, labrego irlandés que loitou contra a construción dun gasoducto ilegal a través das súas terras, é exemplo dos galardoados.

Redacción - 13:00 24/04/2007

Á todopoderosa Shell Oil se enfrontou Willie Corduff, que desde a pequena comunidade de Ross Port e integrado nun reducido grupo de activistas e labregos forzou á empresa petroleira a parar a construción dun gasoducto que fora ilegalmente autorizado. A súa loita foi recoñecida polos Goldman Prize, os prestixiosos galardóns que son considerados os "Nobel" do ámbito ecolóxico. Os promotores do premio sinalan que o proxecto da Shell puxera en perigo as zonas húmidas de Ross Port e podía afectarlle á saúde dos veciños e á propia subsistencia da actividade agrícola.

Os premios nesta edición 2007 inclúen outra media ducia de interesantes exemplos de traballo en favor do desenvolvemento sustentábel. En Zambia, Hammerskjoeld Simwinga é premiado pola creación do Programa de Desenvolvemento Comunitario e Conservación da Vida Silvestre do Val de Luangwa. As súas iniciativas inclúen proxectos educativos, sanitarios ou de fortalecemento do papel da muller das comunidades locais.

Os Goldman tamén destacan en Islandia a Orri Vigfússon, que aos seus 64 anos promove o chamado Fondo de Salmón do Atlántico Norte, que suma máis de trinta millóns de euros cos que mercou os dereitos de pesca na rexión conseguindo reducir o impacto pesqueiro na zona nos últimos quince anos.

No Canadá, Sophia Rabliauskas é premiada polo seu traballo a prol da protección da rexión forestal de Manitoba. En Mongolia, Tsetsegee Munkhbayar, pola loita en favor dos recursos hídricos de diversas zonas fronte ao ataque da minería irregular. Julio Cusurichi, do Perú, é premiado pola defensa dos dereitos dos pobos indíxenas da Amazonía.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Hammerskjoeld Simwinga
Hammerskjoeld Simwinga
Willie Corduff
Willie Corduff