Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UXT E CC.OO DESCONVOCAN A FOLGA

Industria daralle prioridade ás empresas que recoloquen os auxiliares da mineiría

Máis de 30 empresarios están interesados nas axudas do Plan Miner

Redacción - 14:46 24/04/2007
Manifestación de mineiros na Coruña

Manifestación de mineiros na Coruña

O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, explicou este martes que o seu departamento vaille dar prioridade a aquelas empresas que lle dean traballo aos operarios afectados polos peches das minas das Pontes e Meirama. Así llo explicou aos máis de trinta empresarios galegos que solicitaron axudas do Plan Miner. O programa europeo pretende revitalizar economicamente os dous municipios galegos afectados polo peche das minas: As Pontes e Cerceda.

Pola súa parte, os sindicatos CC.OO e UXT anunciaron a desconvocatoria dunha folga de 48 horas prevista esta semana para a mineiría de todo o Estado. As organizacións tiveron unha xuntanza co ministro de Industria, Joan Clos, e entenden que hai vontade para cumprir todos os puntos do chamado Plan do Carbón 2006-2012. Pola súa parte, a CIG, que protagonizou as mobilizacións das últimas semanas, desconfía e asegura que vai agardar acontecementos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: