Recoñece que a situación é especialmente delicada nos cursos de infantil e primaria
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, garantiu este mércores que o Goberno vai vixiar estritamente o cumprimento do decreto de galeguización do ensino non universitario. Nunha intervención parlamentaria, Touriño recoñeceu que o último informe do Consello Escolar de Galicia recolle abertamente o desleixo na aplicación do anterior decreto. O presidente subliñou que a norma aínda en vigor, promovida polo PPdeG en 1995, representou un “fracaso insólito” para a normalización lingüística.
O presidente subliñou que a febleza do galego é especialmente preocupante no ensino infantil e na primaria. Dende o Goberno coidan que o decreto que vai entrar en vigor o vindeiro curso, garantindo un mínimo dun 50% de materias en galego, pode inverter a situación actual.
O galego non se defende por arte de máxia, se o Presidente da Xunta non emprega o galego é lóxico que os cidadáns o imiten, cando vai de viaxe a outros lugares do Estado Español en deferéncia ou cortesia emprega o Español, os outros nunca teñen deferéncia nen cortesia. ¡asi nos vai!
Cómpre uha política séria, e sobre todo que implique a todos os sectores, o problema agrávase en cada curso.
É ter unha visión moi limitada da normalización lingüística a súa redución ao ámbito académico. O galego normalízase na actividade diaria en TODOS OS ÁMBITOS DE USO. Cal é a lingua habitual do delegado do goberno e dos subdelegados (PSOE)? O español.Cal é a lingua habitual dos presidentes dos portos de ámbito estatal(léase Abel Caballero-PSOE-)? O español. Cal é a lingua habitual das forzas de seguridade, administración de xustiza, etc. etc? O español. Cal é a lingua habitual dos funcionarios da Xunta de Galicia no seu posto de traballo? O español...Que non?...Un exemplo: día dous de abril, dez da mañá, edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Vigo, od dous conserxes da entrada só utilizaban o español coa xente que lles pedía información, fose cal fose a lingua empregada polo cidadán... "Fracaso insólito"?... Non, "fracaso programado".
O galego non se vai falar mais por mor dunha maior obrigatoriedade do seu uso, senon por unha maior concienciación de todolos galegos en asumir que o noso idioma está no mesmo nivel que calquera outro, usandoo sempre e en calquera lugar e principalmente polas persoas que nos representan en todolos ambitos, políticos e económicos principalmente, e por parte do pobo reclamando que os funcionarios que nos atenden nos falen no noso idioma, falandolle primeiro nos a eles. So concienciandonos nos e concienciando os nosos fillos podemos facer que o galego acade a normalidade que lle corresponde. As leis soas non consiguen nada, a cidadania si.
Nos somos os que temos que empregar o galego en todas as nosas actividades diarias, así seremos a vangarda; detras de nos virá o groso do "exercito"; e ao final a "retagarda", ... (vamos, os galegos colonizadores e colonizados....)
DONICELA..non vas desencamiñada de todo, só che falta saltar de TODOS OS ÁMBITOS DE USO, simultaneamente considerados, ó eido territorial: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN "CASTELA" NA SÚA (sen prexuízo de usarmos outras linguas, nomeadamente o castelán mentres sexa lingua común ou universal no cativo universo das linguas españolas, con quen por falta de arraigo aínda descoñeza a lingua territorial propia da Galiza), coma en Portugal na súa , coma....
O Presidente Touriño debera ocuparse, como apunta DONICELA, de contar os actos de violación de dereitos lingüísticos que leva a cabo, aquí e alí, un día si e outro tamén o persoal ó servizo da Xunta que preside, e adoptar as medidas, incluso disciplinarias, que proceda para mudar esa situación e garantir o exercicio do dereito a usarmos na Galiza con normalidade (sen ter que pedilo, vg.) e sen discriminación a lingua española oficial propia do territorio (coma en "Castela" o castelán).
Fracaso programado? Non o sei DONICELA, previsíbel siiiiiii. Saúdos.