Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acordo unánime dos tres grupos

O Parlamento esíxelle a Madrid que garanta o voto dos mariñeiros embarcados

Bieito Lobeira solicitou que se recoñezan os dereitos civís do colectivo, como acontece noutros estados europeos.

Redacción - 17:51 25/04/2007
Os mariñeiros embarcados non poden exercer o voto / Flickr: O roxo

Os mariñeiros embarcados non poden exercer o voto / Flickr: O roxo

O Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG a prol de que os mariñeiros embarcados teñan garantido o seu dereito ao voto. A cámara pediralle ao goberno central que se modifique a normativa electoral nese sentido.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira afirmou que, na actualidade, un colectivo de máis de 10.000 traballadores non pode votar “porque o goberno non lles recoñece os seus dereitos civís”. Noutros países, como Suecia, con menos frota pero “bases democráticas máis asentadas” si se garante o dereito dos mariñeiros a votaren dende o mar.

Lobeira salientou o feito de que os tres grupos, nomeadamente o PP, se puxeran de acordo nunha proposta deste tipo. Malia isto, acusou os populares de actuaren con “hipocrisía política”, polo feito de que até agora se opuxeran a este tipo de proposicións.


5/5 (4 votos)

Comentarios (2)

xoca #1 25/Abril/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parece valleinclanesco que os netos dos emigrantes que non saben onde naceron os seus abós e aboas pidan votar mentres que os mariñeiros que están faenando en barcos con bandeira do estado español, non poden facelo. Non quero quitarlles o direito a votar nas cuestións que lles son relevantes, máis a vida municipal non parece o máis indicado. Para os mariñeiros como non se empregan sistemas informáticos con firma dixital para que poidan votar?

Fer #2 25/Abril/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Huas huas huas huas!
"O Parlamento (galego) esíxelle a Madrid..."
Huas huas huas huas!
XD XD XD XD XD

Molharom os calçons da tanto rir nos madriles.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: