Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
VALÈNCIA: "XA TEMOS DABONDO"

Estrea en Barcelona do documental valenciano en contra do goberno autonómico do PP

Unha serie de curtas ao estilo de "Hai que botalos" e "Hay motivo" que denuncian a xestión do PP na Generalitat de València.

Xabier Paradelo - 17:00 26/04/2007

"Ja en tenim prou" ["Xa temos dabondo"] é un filme colectivo elaborado por movementos sociais dos País Valenciano coa mesma intención dos anteriores traballos elaborados en contra dos gobernos do Partido Popular no Estado e na Galiza, "Hay motivo" e "Hai que botalos", e realizado para a libre copia, difusión e reprodución.

Segundo os promotores, Ca Revolta e a Plataforma "Ja en tenim prou", as curtas expoñen con ollada crítica a situación actual da comunidade autónoma valenciana e denuncia o despotismo, a corrupción, o amiguismo e a impunidade da xestión do PP. O obxectivo do audiovisual é mobilizar a sociedade valenciana para o cambio de goberno nas eleccións autonómicas do 27 maio.

Evidentemente, o filme non é do agradado do Partido Popular que considera ilegal a súa proxección, como anunciabaprohibiu a proxección nos concellos valencianos e na Universitat de València. O xornal ten un acordo cos promotores para difundir 50.000 copias do dvd do filme o 30 de abril.

As proxeccións en Barcelona enmárcanse no Cicle de Cinema Polític de València da Semana Cultural de onte o xornal "Levante-EMV" de València, e a Xunta Electoral da Comunidade Valenciana Espai País Valencià, entidade radicada en Catalunya que organiza a mostra coa colaboración das organizacións valencianas promotoras do vídeo, Ca Revolta e a Plataforma "Ja en tenim prou". As curtas pódense baixar do sitio web da Plataforma.

Proxeccións de "Ja en tenim prou" en Barcelona

Proxección inaugural
Xoves, 26 de abril de 2007, 19 h
Aula 3 del CCCB (Centre de Cultura Contemporània de Barcelona)
Montalegre, 5 (Raval)

Mércores, 2 de maio de 2007, 20 h
La Torna
Sant Pere Màrtir, 37, baixos (Gràcia)


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: