Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cidadáns de segunda?

Parodian unha reportaxe sobre a discriminación do castelán en Cataluña

O portal catalán aixotoca.com conta a arrepiante historia dun forasteiro que ten que aprender a lingua á forza.

Redacción - 11:32 27/04/2007

Unha reportaxe de Telemadrid, Ciudadanos de segunda, onde se amosaba un desolador escenario para os castelanfalantes en Cataluña, xa provocou unha serie de parodias que se poden ver na rede. A máis lograda é a do portal catalán especializado en humor aixotoca.com.

Se no produto da televisión autonómica madrileña aparecen supostos casos de discriminación dos que usan “la lengua común de este país”, na versión cómica cóntase o caso dun estranxeiro obrigado a aprender a lingua catalá á forza. Estranxeiro que fala unha mestura de expresións de Chiquito de la calzada e outros idiomas, con subtítulos en castelán.

Ponse o contrapunto ao vídeo de Telemadrid, onde só aparecen imaxes de carteis en catalán. Na parodia vense unicamente carteis en castelán, mentres a voz en off fala de “calles repletas de carteles ininteligibles”.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

LOIS_DE_SILAN #1 27/Abril/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No pequeno universo lingüístico das linguas españolas o castelán foi escollido, con razón!, polo constituínde español do 78 como lingua común, como interlingua, como lingua de integración para os españois que se integrasen en territorio español con lingua española distinta á súa.
O castelán, coma as outras linguas españolas, tén un territorio español no que é lingua propia. Espazo territorial no que debe ser usada normalmente e sen discriminación coma calquera outra lingua española (ou non) no seu territorio de seu. Fóra dese territorio propio o castelán funciona como lingua ponte, de partida, para integrarse o seu usuario na lingua propia do territorio de destino, recepción ou acollida; estando, daquela, todos os españois obrigados (ex arts. 3.3 e 14 CE, e 27 PIDCP) a aprenderen a usar e a usaren a lingua española propia do territorio de residencia ou destino.
O art. 14 CE tamén obriga a usar o castelán en territorios onde outra lingua española sexa propia con quen descoñecendo a propia do territorio si coñeza a común ou de integración; pero, con esa finalidade, coa finalidade de que se integre, desde o castelán, na lingua territorial (ex art. 3.3 CE e 27 PIDCP). Esta é a regulación xeral de uso das linguas españolas en España. Regulación que, madia leva, non impide outros usos das linguas españolas, docendi causa, iocandi causa, ... nin o uso de linguas non españolas con quen descoñeza as españolas ou por outras causas razoábeis.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: