Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
ESTANCAMENTO DAS VENDAS EN EUROPA

PSA pensa recortar case 5.000 postos de traballo en Francia

Os sindicatos non cren que a política de redución de custos que está a levar o grupo afecte á factoría de Vigo.

Redacción - 12:15 27/04/2007

O grupo PSA Peugeot-Citroën anunciou este xoves que ten pensado reducir o seu cadro de persoal en 4.800 persoas a través de baixas incentivadas e de pre xubilacións. A decisión, que se presentará oficialmente ao comité central da empresa o próximo 9 de maio, está motivada polo estancamento das vendas do grupo en Europa e a conseguinte baixada da rendibilidade.

A noticia recibiuse sen temor na planta do grupo en Vigo. En declaracións a Faro de Vigo, Juan Cantos, secretario xeral do Sindicato Independente de Traballadores, asegurou que o caso vigués e ben distinto xa que aquí “xa hai tempo que se fixeron os deberes”, en relación ao plan de flexibilidade implantado na factoría para facer fronte aos aumentos e descensos temporais da demanda de produción.

O xornal vigués tamén recolle declaracións dos delegados sindicais Rubén Pérez e Delfín Ríos, de UXT e CCOO respectivamente. Pérez sinala que a planta está nun “momento de crecemento”, polo que “non prevé unha reestruturación”. Pola súa parte, Ríos é un pouco máis cauto e matiza que hai que manter a alerta xa que “cando lle toca a uns, pódelle tocar a todos”.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: