Case a metade dos galegos que non usan internet di que non lle ve utilidade. Industria lanza unha campaña de promoción contra este lastre e abre axudas por 4,2 millóns.
A Xunta está convencida que unha das causas da fenda dixital galega -Galiza é a segunda autonomía con menor penetración de Internet- é que moitos cidadáns non atopan contidos útiles na rede. Para loitar contra esta barreira, a Consellería de Innovación lanza hoxe a campaña de promoción +Internet+Galego+Futuro.
Ata o 17 de maio -que é o Día das Letras Galegas e tamén o Día de Internet- o goberno difundirá, entre outros contidos, dezasete seleccións do mellor da internet galega. A iniciativa tamén inclúe a publicación de viñetas do Carrabouxo e publicidade nos medios . Todo elo cun orzamento de 200.000 euros.
Causas da fenda dixital
É que máis do 46% dos galegos que nunca se conectaron a internet alega que non o fixo porque non lle atopa interese, segundo revelaron as enquisas do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). Co fin de paliar este problema, a campaña tamén prevé actividades de promoción organizadas pola Internet Society ISOC-Galicia, Barbantia, Fillos.org e a Mesa pola Normalización Lingüística.
Outro dos lastres que frea o despegue do ciberespazo é a falta de formación, algo que alega o 41% dos que non usan internet. Despois están a ausencia de necesidade para conectarse -alegada polo 22%-, a falta de computador (20%) e de tempo (11%).
Catro millóns de euros en subvencións
Na rolda de presentación da campaña, o conselleiro Fernando Blanco adiantou que o seu departamento abriu dúas convocatorias de axudas para que empresas e asociacións lancen actividades relacionadas coa sociedade da información. Son 4,2 millóns de euros a repartir entre as solicitudes que se presenten antes do 25 de maio.
Vivo no rural, mas non no rural-casa-de-dios, só me separan 15 quilómetros do inferno da cidade, mas ....non está dispoñíbel o adsl e o conselleiro vai-lle dar subvencións a empresas para que crien en min o aliciente de empregar internet...
Tamén estou esperando que subvencione a marca Ferrari para que crien en min o aliciente de conduci-lo, sabendo que xamais o poderei facer por estas corredoiras (non vai ser polo prezo vaia!!!)
Tan tolos estes rumanos!!!
Pos é ben certo amiguiño ti non importas o que vale é o que se vende.,Nuha mesa redonda na que estaba O Pita (posteriormente portavoz no governo Fraga) fixenlle ese comentário, os telefonos non os poñian para comunicar a xente, o que facian era crearlles clientes a telefónica, S.A., Amiguiño, non vexas como se puxo o cristiano! tiven que fuxir para non levalas.