Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O luns 30 á noite

A Festa da Xuventude de Brión emitirase por internet

Poderase seguir dende calquera lugar do mundo a actuación das orquestras Olympus e Costa Oeste.

Redacción - 10:00 28/04/2007
Cartel da festa

Cartel da festa

O luns 30 celebrarase na carballeira de Santa Minia, en Brión, unha nova edición da Festa da Xuventude. Anteriormente organizada polo concello, e agora por unha comisión formada por catorce veciños da parroquia, a principal novidade deste ano será a súa emisión a través da internet.

Unha rede wi-fi facilitada polo concello servirá para que persoas de todo o mundo poidan vivir dende as súas casas o ambiente da celebración. Pero non será o mesmo que estar alí, así que os organizadores convidan a mocidade de todo o país a que acuda ao espectáculo, que comezará ás once da noite e rematará polas cinco da madrugada. Estará amenizado polas orquestras Costa Oeste e Olympus, de Negreira.

No caso de que a chuvia faga acto de presenza, a comisión ten preparada unha gran carpa cuberta para acoller todos os asistentes. As achegas veciñais, de empresas e do concello fixeron posíbel o financiamento da xornada, que se completará coas ganancias dunha cantina que se instalará na festa.


2.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: