Vinte asociacións protagonizarán o primeiro domingo de maio unha manifestación en contra do proceso de “cementación de Galiza”.
A Serra do Courel é un espazo ameazado polas canteiras. / Foto: FreeCat
Santiago acollerá o próximo domingo 6 de maio unha manifestación en demanda de políticas urbanísticas sustentábeis. O colectivo Fusquenlla (Eume) encabezará a convocatoria na que participarán até vinte asociacións e agrupacións sociais. Farase así un chamamento á cidadanía para que amose “a repulsa pola degradación do territorio, un feito que ameaza a propia identidade de Galiza”.
A pouco máis dunha semana para a celebración da concentración, Fusquenlla xa deu a coñecer o manifesto do acto. Nel, denúncianse situacións como a construción de piscifactorías ou as canteiras que ameazan paraxes do Courel ou da Terra Chá. Tamén se fai mención á destrución do patrimonio arquitectónico, á desaparición de espazos públicos e á edificación masiva
Manifesto contra a desfeita urbanística
A situación do territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.
Ata o de agora, unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.
Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que conduce á catástrofe no que ao medio ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos temos que acelerar ese final.
Pensamos que a actual Xunta de Galicia e que os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.
Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!
A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerza realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.
E vos sabedes que.... canto máis cemento, máis area? (jejejeje)
E vos sabedes que.... canto máis cemento, máis area? (jejejeje)
E vos sabedes que.... canto máis cemento, máis area? (jejejeje)
E vos sabedes que.... canto máis cemento, máis area? (jejejeje)
E vos sabedes que.... canto máis cemento, máis area? (jejejeje)
E vos sabedes que.... canto máis cemento, máis area? (jejejeje)
Son 40 os cplectivos convocantes: Salvemos Monteferro, Fusquenlla, Verdegaia, Greenpeace, Luita Verde,Foro Social de Cangas,Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Ortigueira sostible, Amigos da Terra,Anduxía,Colectivo nacionalista de Marín,Asociación na defensa do Parque Rosalía de Castro,SOS Courel,Natura Celtica,Cies Artesanais, S. Coop. Galega, Centro Social A Revolta,Bouzas Móvete,Grupo de Axitación Social (GAS, Caleidoskopio,Plataforma Quilmas,Plataforma contra a Piscifactoría de Costa Galloufa,ADEGA,FEG,Representantes de alumnos da Facultade de Informatica de A Coruña,Salvemos Sanxenxo,
Asociación Fuco Buxán,Choiva Ázeda,Comissao para a Reunificaçao Nacional de Galiza e Portugal,Jóvenes Verdes,O Tesón de Ribadeo,
Comité de defensa das Rías Altas,Plataforma Ártabra 21,SGHN, Voces polo Litoral de Teis,Colectivo Urbano Lugrís,Asemblea do Suído, turuxo Local Social,Plataforma ecoloxista en Defensa da Ría de Ribadeo,Ronda Non Sanxenxo,Plataforma na Defensa do Patrimonio de As Pontes
A deus rogando e co mazo dando:
SOS COUREL é unha cuestión de supervivencia da maior reserva da biosfera que temos en Galiza... non podemos deixala nas mans de Cupire Padesa...
Descargar formulario e recoller sinaturas ANTES DO 21 DE XUÑO 2007!
http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20natural.pdf
Salvemos A Coruña. Tiremos as casas que teñen máis de dous pisos. Tamén a miña. Vivo nun quinto sen ascensor. (Pero que ma cambien por outra, a poder ser con xardín).