Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Até o 7 de maio

Ábrese o prazo para presentar maquetas ao Mocidade coa Lingua

Fene organiza outro ano máis o festival Mocidade coa Lingua 2007 "Memorial Brocos". O 11 de maio, na Praza Verde de Perlío ás 20.00, terá lugar un concerto coa música máis nova da bisbarra.

- 10:26 02/05/2007

Está aberto o prazo de inscrición en catro categorías: folk, pop, rock e novas músicas. Un xurado formado por Jose Piñeiro (Os Cempés, Tigres del Cañotas), Luís Iñíguez (Felipop) e Pulpiño Viascón (multinstrumentista), avaliará a calidade e variedade musical dos grupos participantes. Até o 7 de maio, os interesados poderán entregar a maqueta ou enviala por correo postal ao Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avenida de Naturais, 44 entrechán dereita-centro, cp 15500, Fene. Pódese chamar ao 981 340 366 ou recorrer ao enderezo electrónico cultura.deportes@fene.dicoruna.es para máis información.

A partir do día 7 de maio. coñeceranse os catro gañadores na web. Estes terán a oportunidade de realizar diversos concertos na comarca, en festivais como a Xuntanza de xoves gaiteiros, Felipop ou Fenerock. A gala contará coa presenza de Pulpiño Viascón, gañador do A polo ghit 2006 con "In The Ocean", e co grupo galego de "disco style" GalegoZ, que presentará o seu novo traballo discográfico.


0/5 (0 votos)