Os resultados provisionais indican un espectacular ascenso do Partido Nacionalista Escocés (18 escanos máis) e un significativo incremento do Plaid Cymru (3 escanos máis).
"Por primeira vez en medio século desafiouse seriamente a hexemonía laborista en Escocia", afirmou Alex Salmond, do Partido Nacionalista Escocés, SNP. Con 81 de 129 escanos do Parlamento autonómico asignados, o Partido Laborista obtén 32, perdendo sete dos que gañara nos anteriores comicios.
O SNP de Salmond está xa en 31, con dezaoito escanos máis, entre eles o asento conseguido polo propio Salmond nunha circunscripción onde o seu partido era habitualmente a terceira forza en votos. Atrás destes, os liberais-demócratas quedan en 11.
En Gales, con 52 de 60 asentos asignados, os laboristas obteñen 26, perdendo tres dos que tiñan até o de agora, e o Plaid Cymru consegue 11, rabuñando tres novos escanos. Atrás deles, os conservadores chegan a 9.
Respecto ás eleccións locais que se celebraban en Inglaterra, destaca o forte ascenso dos conservadores. De 133 de 312 concellos escrutados, a dereita gaña xa quince concellos máis e os laboristas perden de momento 5. No total, os tories aseguran o goberno local de até 67 concellos e os laboristas quedan de momento en 18.
Poden seguir o reconto na BBC.
Vieiros deveria revisar as suas fontes de informaçom. Nom se pode dizer um dia que os independentistas ganharám com claridade as eleições na Escócia e ao seguinte que som os trabalhistas os que o fizérom.
Non gañaron os laboristas en Escocia, e Vieiros non di iso, piorno. Pero certamente o reconto aínda non está rematado, aínda que o SNP vai nunha lixeira vantaxe por diante dos laboristas.
Home, senhor Cesare, no título da notícia afirma-se que:
«Os laboristas manteñen a maioría en Escocia e Gales»
Já no corpo da notícia diz-se que para já os trabalhistas obtêm 32 assentos no Parlamento autonómico face aos 18 do SNP.
Eu interpreto isso como que ganhárom.
Por nengum lado se diz o que você afirma, que o SNP vai em vantagem, mas justo o contrário.
Bom, parece que finalmente modificárom completamente a redacçom da notícia, polo que ficam invalidados os comentários anteriores.
Desde logho VIEROS non hai que vos entenda. Eu leo esta nova e non me entero de nadiña. Que si onte gañaban os independentistas, que hoxe manteñen a maioría os laboristas, pero que teñen 32 e o SNP ten 31????!!!
A ver se aprendemos a escribir rapaces
Home dumiense, é ben sinxelo de entender. Onte había unhas previsións, que recollía Vieiros; hoxe a primeira hora saíron os resultados dos primeiros recontos, que recollía Vieiros; e, ao medida que avanza o día, os resultados van cambiando, e parece ser que iso é o que tamén recolle Vieiros.
É o bo dos xornais dixitais, que se actualizan (e en galego, meu)
Por certo, eu persoalmente, estou orgulloso de ter un xornal galego (mais, galego de verdade) que ofreza información puntual de temas tan interesantes. Debe ser o único de Galiza, e un dos poucos da Península.
Un saudiño para todos.
Pena ter havido este revés nos resultados. A mim encantar-me-ia uma vitória do SNP e logo um referendo para que os escoceses pudessem escolher o seu destino como naçom independente ou nom.
Pode ser que, com o apuramento dos últimos votos, a vitória lhes sorria...
Home, eu penso ke cando Vieiros falaba da victoria dos independentistas estaria a falar das enquisas que xa sabemos todos como van...
Tendo en conta os datos que había esta mañá cedo, xa se podía dicir que os nacionalistas gañarían, ou que estarían a gañar polo pelo dun carneiro. Pero se só miramos os números, cun reconto tan complexo coma o escocés, quizais nos levemos a engano.
Quizais en Vieiros non o fixeron todo superrapidamente (deberiamos valorar máis cousas: xente traballando, capacidade, pasta que lles damos pra que funcionen...) pero son a visión máis exacta de toda a prensa dixital da península. Parabéns, mozos e mozas.
Cesare:
«Quizais en Vieiros non o fixeron todo superrapidamente (deberiamos valorar máis cousas: xente traballando, capacidade, pasta que lles damos pra que funcionen...) pero son a visión máis exacta de toda a prensa dixital da península. Parabéns, mozos e mozas.»
Nom, o problema é justo o contrário, que o fizérom tudo rápido de mais. Isso poderia explicar a redacçom da notícia desta manhã, modificada finalmente por volta das 11h20, portanto nom tam cedo como você diz.
A respeito da valorizaçom ou avaliaçom é óptimo que haja gente a trabalhar, se o fam em condições dignas. Da capacidade prefiro nom opinar. Isso demonstra-se no dia a dia. Em relaçom com o financiamento, para além do subsídio público, que a outros se lhes nega, Vieiros recebe dinheiro da publicidade, entre outros do Partido Popular (o banner de CENTRADOS EN TI durante todos estes dias é bem significativo). Dado que somos os leitores, tanto através do subsídio público como da recepçom da publicidade, os que financiamos esta página, temos direito a opinar sobre a sua qualidade.
Concordará comigo em que a correcçom linguística é manifestamente melhorável. Às vezes parece que algumhas notícias som redigidas por pessoas que nem umha página em galego lérom na vida.
E, por último, discrepo absolutamente da sua última afirmaçom, de que Vieiros tem a visom mais exacta de toda a imprensa digital da península. A nom ser que se refira à península de Ogrobe. Conheço várias páginas, por exemplo a do Gara (gara.net) ou Vilaweb (vilaweb.cat) das que Vieiros se encontra a anos-luz.
Isso si, a melhora da qualidade gráfica foi grande, ainda que pareça umha cópia do Gara. Mas bom, copiar os que o fam bem nom tem nada de negativo.
Algumas perguntas:
Que tem piorno contra Vieiros?
Gara, Vilaweb, lê habitualmente, conhece realmente estes meios? Não acho que sejam melhores, cada um é referência para seu contorno.
Cópia do desenho, sabe você realmente de desenho? Volte mirar