Os expertos recomendan reducir as emisións de dióxido de carbono a partir do ano 2015 para evitar o quecemento global.
O Grupo Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPCC), que se reuniu durante catro días en Tailandia, fixo públicas as súas conclusións para combater o quecemento global. Os expertos chegaron á conclusión de que o custo das medidas para evitar a emisión de gases de efecto invernadoiro é inferior aos prexuízos que pode causar manter os niveis de contaminación actuais.
O grupo propón que as emisións de gases se comecen a reducir a partir do ano 2015, o que supoñería un custo do 0,12% do Produto Interior Bruto mundial. Se se mantivese o actual nivel de concentración de dióxido de carbono na atmosfera, o prezo para a economía mundial sería do 0,3%, o dobre do que custaría tomar medidas.
Do informe do IPCC tírase que a tecnoloxía actual permite reducir a concentración de gases causantes do efecto invernadoiro, diminuíndo o uso de combustíbeis fósiles. Dos científicos e representantes de preto de 150 países que participaron no foro, os máis reacios a restrinxir a emisión de CO2 foron os chineses e os indios, dúas economías cun forte crecemento industrial. A China xa é, despois dos Estados Unidos, o segundo estado máis contaminante do mundo.
Unha cousa é parar o cambio climático e outra a parar a contaminación da atmosfera.
O cambio climático non o para ninguén porque é anterior á nosa existencia. Non lembrades as glaciacións é o ambiente tropical?
Vivimos nun planeta inseguro e caprichoso, pero non hai que ter medo xa que tarde o cedo todos habemos de morrer, menos Fraga é Sara Montiel que son inmortais.
Por outra banda, medo a que? Habendo hospitais.