O SNP logra unha vitoria histórica tras conseguir 20 representantes máis que en 2003, e abre a porta a unha consulta sobre a independencia.
O Partido Nacionalista Escocés, SNP, é o partido máis votado nas eleccións ao Parlamento. En segundo lugar colócase o Partido Laborista, que perde o goberno da nación, malia que as enquisas nas últimas datas dábanlle incluso un peor resultado.
Finalmente, o grupo que lidera o actual primeiro ministro Tony Blair -que a vindeira semana anunciará a data da súa inmediata retirada- perdeu tan só catro escanos. Durante o proceso de escrutinio anuláronse ao redor de 100.000 papeletas, situación que provocou as protestas dos conservadores.
Así, o SNP sobe dos 27 aos 47 representantes. Os laboristas baixan dos 50 aos 46. Descenden tamén os 'tories', o Partido Conservador, dos 18 aos 17. Outro que perde un escano é o Partido Liberal Demócrata, que fica con 16. Por último, a maior derrama de votos produciuse nas forzas minoritarias, tal como 'os verdes' ou os socialistas, que cederon 14 escanos.
Independencia
Este resultado, en caso de que se logre conformar un goberno nacionalista, deixa abertas as portas a unha posíbel consulta á cidadanía escocesa sobre unha hipotética independencia do Reino Unido. Porén. os liberais teñen a chave do futuro goberno. O Partido Liberal Demócrata terá que decidir se se alía co SNP ou cos laboristas, tal e como fixeron até o de agora. Aínda que se mostran máis abertos a unha coalición co SNP, os liberais non comparten a convocatoria dun referendo sobre a independencia.
O líder do SNP, Alex Salmond, sinalou que os laboristas perderon a súa "autoridade moral" para gobernar, e prometeu "unha investigación xudicial" sobre o reconto de votos. "Escocia mudou para mellor e para sempre", sentenciou.
Soben os nacionalistas en Gales
En terras galesas os laboristas volveron ser a forza máis votada ao lograr 26 deputados. Os nacionalistas do Plaid Cymru conseguiron 15 escanos; os conservadores 12; e os liberais 6.
Vivan as Repúblicas Independentes de Scotlan e Wales!!!!!
Aguardo, com interesse, que alguns dos críticos de onte com a informaçom de Vieiros fagam algum tipo de autocrítica.
Pola liberdade de Escócia, Gales e todas as naçons sem estado da Europa! (Quem se lembra da Carta de Brest?)
Parabens aos esoceses por terem decidido dar umha oportunidade aos independentistas.
Mirando o mapa em detalhe é curioso ver como os deputados conservadores som conseguidos nas zonas limítrofes com Inglaterra, onde é possível que exista umha maior populaçom de procedência inglesa. Também chama a atençom que o nacionalismo seja mais forte nas zonas rurais que nas urbanas (algo semelhante a Catalunha e o Pais Basco, nom é?)
Por último salientar que é umha mágoa que os do Scotish Socialist Party perdesem os seus deputados, ainda que polo que tenho entendido o SNP é de esquerdas também (suponho que socialdemocrata)
Saúdos
bótalle un ollo, luisfoz:
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/br/8/85/Brestcharter.PNG
Parabéns ao independentismo escocês!!! E longa vida!!!
Escocia está máis preparado para a independencia que moitos outros países. Polo de súpeto ten un equipo de futbol que xa xogou varios Mundiais.
Parece unha chorrada para isto fai que ata o máis analfabeto da aldea máis remota pense que Escocia é un país distinto de Inglaterra. E ten razón. O é. O é, o é, o é...
Selección e liga galega xa!!!