O candidato da dereita, Nicolas Sarkozy, acadaría o 55% dos votos, fronte ao 45% de Ségolène Royal, segundo as últimas sondaxes publicadas pola prensa gala.
A segunda volta das eleccións presidencias francesas no será tan disputada como a primeira, a xulgar polas predicións das últimas enquisas. Segundo estas, Sarkozy podería obter, como moito, un 54,5% dos sufraxios e como mínimo, un 53%, dúas porcentaxes que suporían unha cómoda vitoria para o conservador.
A diferenza cos resultados da primeira volta radica na porcentaxe de votos dos simpatizantes do centrista François Bayrou, segundo un estudio de Ipsos/Dell. Deste xeito, o 36% dos sufraxios de Bayrou na primeira volta irían para Sarkozy e un 36 para Royal.
Este mesmo estudio sinala que o dereitista conseguiría boa parte da súa vantaxe nesta segunda volta grazas a un aumento dos apoios entre os votantes de extrema esquerda, dos que lograría un 21% dos votos fronte ao 64% de Royal, unhas cifras que farían que a socialista perdese até dous puntos no total final.
Mentres a meirande parte dos franceses viven a xornada de reflexión, nos territorios franceses de Ultramar e os residentes galos no continente americano xa comezaron este sábado a exercer o seu dereito ao voto.
No territorio continental francés, os colexios abrirán as súas portas ás 8:00 h do domingo e pecharán ás 18:00 h, coa excepción das grandes cidades, que o farán unha hora máis tarde.
Poden ampliar en:
Prensa francesa: Le Monde, Le Parisien, Libération
Wikipedia: French presidential election, 2007
A min o que saco en limpo desta contenda francesa é que o povo as veces ten a cachola algo estragada, hai mulleres que non votan a Royal por ser mullere (a miran con lupa nas cuestioóns de igoaldade), quen mellor defende os seus intereses de estar sobmetidas e en desigoaldade é o Sarkozy (nada que escrutar, é claro), os empregados coinciden no voto cos empregadores,... aqui tamén pasa igoal, nunha eleizón anterior dous coincidiron ao dia seguinte nun bar, un era empregado do outro, os dous votaran ao PP, o empregador dixolle: ois, se ti e máis eu votamos a o mesmo partido, non cres que un dos dous deve estar enganado?