Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo do histórico triunfo nas eleccións do xoves

Os independentistas escoceses miran cara aos verdes e liberais para formar goberno

O Partido Nacionalista Escocés comezou as conversas con ambas formacións na procura dos 65 escanos necesarios para encabezar o goberno.

Redacción - 12:32 06/05/2007

Os 47 membros do SNP elixidos o pasado xoves analizaron este sábado os históricos resultados acadados co obxectivo de marcar os pasos a seguir para presidir a administración escocesa.

Segundo o líder do partido, Alex Salmond, xa comezaron as conversas informais con outras formacións: “Aínda temos que manter conversas nos próximos días e farémolo dun xeito construtivo. Mantivémolas de xeito informal, pero aínda non realizamos negociacións formais”.

A principal opción que barallan os independentistas á hora de formar goberno pasa por pactar cos liberais demócratas e cos verdes, o que lles daría os 65 escanos necesarios para presidir o parlamento.

Aínda que os Partido Liberal Demócrata non é favorábel a convocar un referendo sobre a independencia, desde o SNP Nicola Sturgeon advirte que “está claro que agora temos a autoridade mora para formar o novo Goberno de Esocia. Haberá un referendo sobre a independencia se hai un Goberno do SNP”.

Mentres, os laboristas sinalan que os resultados do xoves non debe interpretarse como un voto pleno a favor da independencia, xa que o partido independentista acadou “só 47 dos 129 escanos do Parlamento de Edimburgo”.


4.5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: