Arredor de 3.000 persoas manifestáronse en Compostela para defender o desenvolvemento sostíbel do territorio do litoral e interior de Galiza.
Convocados por medio centenar de colectivos ecoloxistas e plataformas cidadás, os manifestantes partiron da Alameda de Santiago ás 12.15 horas para dirixirse á Praza da Quintana baixo o lema ‘Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para tod@s’.
Ao remate da manifestación, que encheu de música as rúas de Santiago, leuse un comunicado no que se alertou sobre as consecuencias do “proceso destrutivo do patrimonio galego”.
Participaron na marcha numerosos representantes de plataformas veciñais de todo o país afectadas pola problemática urbanística. Destacada presenza tiveron as de Ferrol, que aproveitaron a concentración para denunciar a destrución da fraga de Menáncaro, aprobada no último pleno do concello.
En declaracións aos medios, membros dos colectivos convocantes comentaron que non descartan organizar futuras protestas para mostrar unha unidade cidadá co fin de preservar o medio galego.
E se non fora hoxe o día da nai... serían 3001
Galiza non se vende... e os galegos temos dereito a non ser comprados unha vez máis polos capitais alleos...!
http://vigo.cidadans.net/Erasmo/20722
Recollede sinaturas para evitar a desfeita do Courel!
A campaña remata o 20 de Xuño próximo!
http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20natural.pdf
Os cazadores negocian un seguro que cubra os accidentes de tráfico con especies cinexéticas
Edición xeral
"Vexo con moita preocupación o futuro dos indios, dos illados e dos non illados, e tamén o noso"
Edición xeral
En outono dará comezo o trámite para a creación do Parque Natural de Pena Trevinca
Canal Verde