Un ataque nocturno de avións da forza internacional contra unha aldea deixou case dúas ducias de vítimas.
A última información proporcionada polo gobernador da provincia de Helmand, Asadulá Wafa, fala dun mínimo de 21 civís mortos, incluídos algúns cativos. O bombardeo produciuse sobre unha aldea do distrito de Sangin, no sur de Afganistán.
Mentres, desde a coalición internacional non recoñecen de momento a morte de ningún civil, e só informan de que un soldado morreu este martes na zona despois dun ataque con armas lixeiras e lanzagranadas. Hai apenas un mes que outra operación aérea en Herat, ao norte do país, deixou arredor de medio cento de civís mortos, orixinando fortes mobilizacións contra os exércitos estranxeiros.