Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Un buque metaneiro é como 50 bombas de Hiroshima"

O gas chega a Reganosa sen plan de emerxencias fronte a accidentes

Un cento de profesionais de urxencias e emerxencias asinan un manifesto denunciando a ausencia dun plan fronte a posíbeis incidentes na planta.

Redacción - 09:00 10/05/2007

Cando en 2002 en Hong-Kong tivo un accidente o Gaz-Poem, evacuouse a poboación dun radio de 30 quilómetros. En Sidney, a planta de gas de Long Ford sufriu tamén un accidente onde un incendio queimou 800 toneladas de gas: evacuáronse 40 mil persoas.

Reganosa, con capacidade para 600 mil metros cúbicos de gas e ás portas das vivendas dos ferroláns, podería causar un auténtico desastre no caso de sufrir un accidente a propia planta ou calquera dos buques gaseiros que entrarán na ría.

Por este motivo, os profesionais de emerxencias da área de Ferrol denuncian que nesta altura e coa factoría facendo xa probas, aínda non se deseñou un plan de emerxencias. "É unha das maiores ameazas para a vida que existen en toda Europa", queixouse este mércores Carlos Lareo, membro do 061 en Ferrol.

Unha explosión froito dalgún escape de gas, queimaría unha extensión de ate 8 quilómetros, chegando até Fene e Mugardos. "Poderiamos ser o segundo Chernobyl ou Bopal", advirten.


4,53/5 (19 votos)

Comentarios (4)

Anxo #1 10/Maio/2007 Anxo

Quixera eu saber donde se agocha o Conselleiro de Industria, para dar as debidas explicacións e decir si a planta de Reganosa cumple con todas a reglamentacións establecidas, xa que e tan dilixente e lle preocupa a seguridade dos cidadans como se viu co ascensor panorámico de A Coruña por non estar homologado chegando a paralo, quixera saber se vai facer o mesmo no caso de Reganosa, ou quizas sexa que o alcalde de Murgardos e do seu partido e non conven facer ruido tan preto das eleccións? Porque tanta dilixencia co ascensor panorámico de A Coruña, gobernada polo PSOE e tanto silencio en Mugardos gobernada polo BNG? Quizais se poda falar de prevaricación, deixación de funcións, electoralismo, ...?

Anxo #2 10/Maio/2007 Anxo

Para ter máis información podedes añadir que segundo a lexislación vixente unha instalación de estas características debe estar situada a unha distancia mínima de 2 Km. da poboación máis cercana, e que segundo a normativa europea, os buques que se acheguen a estas instalacións deben hacelo sen axuda externa e sen atrancos, o Spirit Galicia necesitou de axuda tivo que ser remolcado por dous romolcadores e ademáis so pode acceder o marchar coa marea alta, que pasaria si se producise un accidente na planta cun gaseiro cos depósitos cheos coa marea baixa?

Marcos #3 10/Maio/2007 Marcos

E màis:
a)agora vaise utilizar a auga da Ria para o proceso productivo, polo que vai ir de volta unha cantidade enorme máis fria do que se colle. Non se dixo nun principio e xa veremos cales son as consecuencias para os bancos marisqueiros.
b)Como resulta que os buques non poden sair sós pola bocana da Ria van dragala e dinamitar uns baixos que aló hai. Sempre dixeron que non faría falta.
c) o máis grave de todo, hai emprazamento alternativo: o porto exterior de Ferrol que se fixo para quitar mercadorías perigosas e suxas do interior da Ría. ¡que sarcasmo! Van levar para fora o carbón e meten dentro o gas. Vaia tomadura de pelo.

E mentras tanto os nosos novos governantes non governan: Os famosos bois mudos de Beiras son os do BNG E PSOE de Ferrol. O alcalde de Mugardos (BNG)ten a cara de dicir públicamente que xa saben que non é a ubicación axeitada pero que como xa está feita e ademáis eles son nacionalistas e con sentido de Pais, pois que tragan.
Os gobernantes están para desfacer o que está mal feito non para deixalo estar.
É certo que desde que chegou a alcalde ten a máis dun familiar traballando en Reganosa?

E o presidente Touriño ca boca chea dicindo que hai que facer cumprir a lei: POIS POR TODO O DITO ANTERIORMENTE E NOS COMENTARIOS PROCEDENTES ¡¡¡¡¡ QUE SE CUMPRA!!!!!

Barcelos #4 12/Maio/2007 Barcelos

O que máis me fode deste caso, é que Galicia teña xa o seu propio barco "contaminante".
É a solución que atopou a nosa Xunta para que non nos contaminen petroleiros extranxeiros. Que nos contaminemos nós sos co "Galiza Sprite" ou mellor "Galiza 7up" que ten mais gas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: