Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MÉDICOS NO ESPAZO

Dous robots cirúrxicos someteranse a unha proba de habilidade no fondo do océano

Os brazos robóticos tentarán suturar unha peza de caucho, o que no futuro poderían ser pacientes humanos.

Redacción - 13:09 10/05/2007

Durante 10 días, a NASA levará a cabo o experimento nun quirófano especialmente deseñado a 20 metros baixo a superficie do mar a cinco quilómetros da costa de Florida, Estados Unidos, chamado Laboratorio Aquarius, que reproduce as condicións de ingravidez no espazo e é utilizado pola NASA como simulador espacial para adestramento. O obxectivo é que algún día os robots cirúrxicos acompañen aos astronautas nas súas misións á Lúa ou Marte.

Un equipo de cirurxiáns dirixirá a control remoto os brazos de ambos os dous robots desde a superficie, durante as probas no Océano Atlántico. As máquinas tentarán suturar unha peza de caucho e mover pezas dun lugar a outro.

Nesta ocasión, os médicos non operarán en pacientes humanos, senón en bloques de caucho. Os científicos esperan que os brazos robóticos utilicen instrumentos cirúrxicos para realizar cirurxías menores.

O Raven e o M7 (así se chaman os robots) foron deseñados pola Universidade de Wáshington e a empresa SRI International en California respectivamente. Os científicos, astronautas e médicos que participan no proxecto esperan que os robots poidan algún día realizar operacións cirúrxicas de emerxencia se chegase a ocorrer un accidente nunha misión espacial tripulada.

Pero tamén se están a estudar aplicacións pensadas "cos pés na Terra". Por exemplo, os robots poderían ser utilizados para operar a soldados ou civís feridos en zonas de guerra ou desfeita onde os médicos e ciruxáns non poidan chegar ata os feridos.

As probas forman parte das Operacións para Misións de Medioambiente Extremo da NASA (ou NEEMO nas súas siglas en inglés). As instrucións dos cirurxiáns aos robots viaxarán nunha conexión de internet desde Seattle para Cayo Longo, Florida. E de alí nunha conexión especial por cable submarino para o quirófano.

As imaxes dos 'pacientes' de caucho viaxarán para os cirurxiáns pola mesma rede en tempo real.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: