Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reabre o debate do aborto

O Tribunal Superior de Irlanda dálle a razón a Miss D

Miss D, a adolescente irlandesa embarazada cun neno que sufre anencefalía ten dereito a viaxar ao Reino Unido para abortar. Crónica de María Golpe desde Dublín.

María Golpe - 08:00 11/05/2007

Miss D, a adolescente irlandesa embarazada cun neno que sufre anencefalía e que non sobrevivirá unha vez nacido, ten dereito a viaxar ao Reino Unido para abortar, segundo o Tribunal Superior de Irlanda.

A moza, que se atopaba baixo a custodia dos servizos sociais irlandeses, emprendera una batalla legal contra o HSE (o servizo sanitario irlandés, do que dependen os servizos sociais). O HSE tiña contactado a policía e a oficina de pasaportes, para evitar que Miss D viaxara ao extranxeiro para abortar.

O xuíz Liam McKechnie do Tribunal Superior concluíu que non existía impedimento legal ou constitucional polo que Miss D non poida abandonar Irlanda e que ninguén pode privar a moza do seu dereito a viaxar.

O caso reabre o debate do aborto na illa as portas das eleccións xerais.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: