Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ÁMBALAS INICIATIVAS ACHEGAN A PERSOAS MARXINADAS Á REDE

Dous galegos finalistas dos premios da Asociación de Usuarios de Internet

Pódese votar en liña por TADEGA, que traballa no ensino, e por un proxecto de Caixagalicia para formar discapacitados

M.V. - 13:05 11/05/2007

Dúas iniciativas galegas contra a fenda dixital lograron un sitio nos premios diadeinternet da Asociación de Usuarios de Internet. Trátase de Tadega (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) e “Internet e as novas tecnoloxías coa discapacidade”, de Caixa Galicia.

Tadega é un rede de profesionais que traballan no ensino e con persoas discapacitadas, maiores e colectivos marxinados. O seu obxectivo é loitar contra as barreiras que dificultan que estas persoas usen as novas tecnoloxías. Nel participan persoal do CESGA, da ONCE e mestres de primaria e secundaria. Tadega aspira ao premio á web con mellor accesibilidade.

A iniciativa da Obra Social de Caixa Galicia forma no uso das novas tecnoloxías a enfermos mentais e persoas con discapacidade en Lugo e A Coruña. Foi seleccionada na categoría de “Iniciativa educativa”.

Onde votar
Agora os candidatos galegos teñen que agardar ata o 17 de maio, día no que se fallarán os galardóns nunha cerimonia en Málaga.

Para lograr o premio, deberán superar a outros nove candidatos. Gañará aquel que reciba máis votos dos internautas. Para votar por TADEGA e por Caixa Galicia abonda visitar o portal dos galardóns.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: