Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
RENOVOU O CONTRATO HAI MENOS DUN ANO

A Xunta paga 4,4 millóns a Telefónica polos móbiles en castelán

A compañía "non descarta" ofrecer o servizo de atención ao cliente en galego. O Parlamento instou ao Goberno a non traballar con operadoras se non usan o galego.

Manuel Vilas - 15:09 11/05/2007

Un gasto nos móbiles da Xunta é de 4,4 millóns en dous anos. Esta é a arma da que dispón o Goberno para meterlle presión a Telefónica e lograr así que a operadora preste servizos en galego.

Renovación do pago en 2006
O Parlamento instou onte ao Executivo a que deixe de contratar con compañías de móbiles que non empregan a lingua do país. Aínda que o acordo non é vinculante, foi aprobado cos votos de PsdG e Bloque, forzas que gobernan en San Caetano e que, en boa lóxica, deberían aplicalo.

Iso si, non poderían facelo até agosto de 2008, cando remata a adxudicación a Telefónica Móviles. Este contrato foi renovado polo bipartito hai menos dun ano, en agosto de 2007, segundo di a Consellería de Presidencia.

A versión da empresa
Dende Telefónica faise énfase en que “esta compañía foi pioneira no uso do galego”, en referencia a servizos como a facturación na lingua do país.

Un voceiro da compañía recoñece que a empresa non ofrece servizo de atención ao cliente de móbiles en galego, pero “non descarta” facelo a medio prazo. En todo caso, Telefónica di que a opción de que os menús dos teléfonos estean en galego non depende de Telefónica, senón dos fabricantes.

Os cataláns lográrono
Este mesmo ano, a Generalitat conseguiu que Nokia, Motorola, Grundig, Alcatel e Sony-Ericsson comprometéranse a introducir nos terminais e nas súas guías o catalán. Tamén logrou que Movistar, Vodafone, Orange e Yoigo faciliten o troco dos aparellos con campañas publicitarias e a ofrezan a súa comunicación na lingua propia da comunidade.


Documentos

Ligazóns

5/5 (7 votos)

Comentarios (13)

Fer #1 11/Maio/2007 Fer

Também paga quartos e quartos a La Voz polo DOGA, quando é um grupo impermeável ao galego.
E a muitos jornais para incluirem notinhas em galego num mar de castelam...

LOIS_DE_SILAN #2 11/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

Convén insistir en que os dereitos fundamentais como o de prohibición de discriminación por mor de lingua ex art. 14 CE, como o dereito humano ó uso da lingua propia ex art. 27 PIDCP da ONU, non son dispoñíbeis, non os poden negociar, non poden cambiar o contido que teñen no ordenamento as partes contratantes; sexa este administrativo, civil, mercantil... As normas que regulan eses dereitos son de dereito necesario, ius cogens, indispoñíbel polos particulares.
Non levan, daquela razón os redactores de Vieiros cando afirman que o acordo do Parlamento non se podería aplicar até agosto do 2008.
Con independencia da vinculosidade (!) ou non dese acordo parlamentario, con independencia de que nos correspondentes contratos de servizos telefónicos se estipule ou non verbo da prohibición de discriminación lingüística, esta prohibición está igualmente en vigor e é esixíbel por calquera das partes contratantes, podendo a Xunta instar xuridialmente a nulidade deses contratos se as outras partes non respectan a prohibición de discriminación lingüística.
É, por outra banda, un erro estratéxico colosal pretender facer valer o poder económico da parte contratante para esixir o respecto dos dereitos lingüísticos...só os moi poderosos terían algo de éxito. Non é un problema que se residencie no dereito mercantil ou civil, senón no constitucional e internacional de dereitos humanos. Dito doutro xeito, non se trata de non contratar con quen non respecte o galego, senón de esixirlles a todas as operadoras de telefonía que o respecten, e contratar coa que, por outras vantaxes, máis conveña.

Barcelos #3 11/Maio/2007 Barcelos

Os cataláns lógrano todo, pero o Getafe meteulles 4-0.
Percorrerán por todo o mundo as imaxes do 4-0 como o fixeron as do gol que lles marcou Messi na ida?
O cacique cáeme mal sexa catalán, vasco, castelán ou galego.

Fer #4 11/Maio/2007 Fer

#3 Eing?

Barcelos #5 11/Maio/2007 Barcelos

Toleaches? Eing? Eing? Falas en xermánico?
Xa se que non ten nada que ver coa noticia. Pero me veu á mente con iso do presumidos que son algúns cataláns (Laporta por exemplo)que se consideran superiores ao resto.
E ademáis gusta a moita xente o 4-0 ao Barça non? Ata aos do Lleida failles graza, por non dicir ao Espanyol.(Que hai que ter collons para poñerse un nome así en Barçalona e a principios do século XX, en plena rexurdir dos nacionalismos)
O que desperdicióu o Deportivo: O perder na final contra o Getafe.

xoca #6 12/Maio/2007 xoca

O noso pais non ten arranxo, Barcelos é mellor que empregue o español como lingua, pois as tonterias que di son merecedoras de vir na lingua de Calderon (de la Barca)

Barcelos #7 12/Maio/2007 Barcelos

Home un intelectuai.

Barcelos #8 12/Maio/2007 Barcelos

E ademais un home serio. ¿Un galego serio?. Manda carallo. Sen sentido do humor. Ti non es galego. Es un extraterrestre.

Barcelos #9 12/Maio/2007 Barcelos

Na lingua de Quevedo tamén se dicir "tonterías", pero non che vou a dar o gusto. Prefiro dicilas na lingua de Castelao. Un galego con bastante sentido do humor.
Aquí hai algúns que se cren que hai que poñer cara de talibán e de amargado para ser un "patriota".
Unha cousa podoche asegurar. Ti non es mais galego ca min. E ainda hasta poder ser mais tonto. ¿Do Barça non? Pois fódeche.

furabolos #10 12/Maio/2007 furabolos

Barcelos, eu téñome por un tipo cun considerable sentido do humor.E aínda así non lle vexo chiste ningún a fozar no falso tópico do presuntuosos que son os cataláns. Entre outras cousas, porque neste asunto do idioma, que é a razon orixinaria deste fío, os meus intereses como galegofalante coinciden cos seus. Non sei se me explico...

Barcelos #11 12/Maio/2007 Barcelos

Explícasche #10. E eu non teño nada contra os cataláns. É máis. Encántame Catalunya e gústame moito a forma de ser dos cataláns, da xente do pobo.N on estou de acordo en que sexan rañas. Gústalles a transparencia e a min tamén.Cabreame moito cando alguén di que os catalans cáenlle mal. Séntome máis a gusto en Barcelona que en Madrid e que en Getafe.
Se o 4-0 metésenllo ao Madrid, a miña alegría fose igual ou maior.
Non quixen mesturar a velocidade co touciño, pero bo, vese que a mesturei.
Séntome coma se me dixesen que entrei borracho nun velorio, apaguei as velas e cantei: "Cumpleaños Feliz"
Perdón para os ofendidos.

furabolos #12 13/Maio/2007 furabolos

Oíches, tampouco nos vaiamos a poñer tristes ;D

Barcelos #13 13/Maio/2007 Barcelos

Supoñamos que quero que todos se decaten do 4-0 porque me gusta o futbol e impactoume este resultado, pero non quero amolar a noticia e menos ferir aos cataláns. Quizais tería que poñer algo así.
"O Getafe xa fala catalán e non só "tutea" ao Barça senón que o "vapulea". Pero lle fai un favor moi grande, ao evitarlle o posible compromiso de ter que recoller o trofeo das mans do Rei de Espanya.
O Presidente da Generalitat estreou os novos móbiles e dirixiulles unhas palabras "en catalán" aos xogadores do Barça que mellor non reproducimos aquí. (E non porque non as fósemos a entender)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: