Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Non hai acordo no naval

Os sindicatos dispostos a estender a folga a todo o sector do metal

Os tres sindicatos tomaron a decisión por consideraren «inasumíbel» a oferta dos empresarios.

Redacción / EP - 14:26 12/05/2007

A xuntanza entre os sindicatos e a patronal do naval de Vigo non chegaron a un acordo na xuntanza de onte á noite. Así, as tres forzas sindicais acordaron por unanimidade estender a convocatoria de folga, en vigor dende o 3 de maio, a todo o sector do metal da provincia de Pontevedra.

Mentres non se acade un acordo cos empresarios, cuxo sistema de contratacións os sindicatos consideran «inasumíbel», o paro pódese converter en indefinido e afectar a sectores como os talleres mecánicos, a carpintaría de aluminio, electricistas, ferralla, ascensores, fontanaría ou mesmo a Citroën. A última oportunidade para acadar un achegamento está prevista para este sábado á mañá.


5/5 (2 votos)