Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
municipais07

PP e BNG critican a ausencia de Touriño no debate da Galega

Anxo Quintana e Alberto Núñez Feijoo xa confirmaron a súa presenza o luns 14.

Redacción - 16:24 13/05/2007

O coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, criticou que o PSdeG aínda non anunciase a persoa que o representará no debate das eleccións municipais que se vai desenvolver o luns 14 na TVG. Jorquera lembrou que existe o compromiso das tres principais forzas políticas do país de comunicar a identidade dos participantes con 48 horas de antelación.

Como xa anunciou o pasado venres, o Bloque Nacionalista Galego irá representado polo seu portavoz nacional, Anxo Quintana, por considerar que é unha «obriga elemental de todo demócrata» participar nun contraste de opinións nos medios públicos.

Por parte do Partido Popular, será o seu presidente en Galiza, Alberto Núñez Feijoo, o que acuda á Galega. Feijoo afirmou que sería unha fraude da democracia se Touriño volve refusar estar no debate televisivo. O presidente do PPdeG descartou a posibilidade de enviar outro representante do partido ao programa, aínda que o presidente da Xunta non estea presente.


3,17/5 (6 votos)


Comentarios (3)

COUTOVEN #1 14/Maio/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por ser elecciones municipales, lo razonable es que fuesen los principales candidatos municipales los que participaran en los debates y no los dirigentes principales de los partidos. Por otra parte y atendiendo al porcentage de cada uno de los partidos en las elecciones precedentes seria indispensable que por lo menos dos fuerzas participaran como son el PSdeG y PPdeG ya que fueron los mas favorecidos por el voto del pueblo.

xoca #2 14/Maio/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É de admirar a democrácia de COUTOVEN, de paso reafirmate na aprendizaxe do galego, demostra que eres intelixente e capaz con el.

pinchorla #3 15/Maio/2007 pinchorla
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai COUTOVEN...COUTOVEN....ASÍ QUE PP E PSOE?....tamén podería ser que fose só un, así teriamos un pensamento único, e entón xa non farian falla nin as eleccións.
Con personal desta caste non imos sair do atraso que levamos, a respecto de Europa e naturalmente do Estado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: