Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Décimo aniversario do festival de Caldas

Listo o cartel do Cultura Quente 07

Dous dos grupos participantes darán un concerto de presentación en Madrid o día 25.

Redacción - 13:00 14/05/2007

O festival Cultura Quente, que se celebra cada verán en Caldas, chega este ano á súa décima edición. A organización escolleu desta volta Madrid como sede do concerto de presentación. O venres 25 estarán na sala El Sol da capital do Estado dous dos grupos que estarán no festival en xullo: Ectoplasma e Elodio y los seres queridos. Ambos os dous acaban de publicar cadanseu disco.

O Cultura Quente 07 desenvolverase o 13 e o 14 de xullo en dous escenarios da Carballeira de Caldas, e contará coa presenza de grupos nacionais e internacionais. Por parte galega estarán, ademais de Ectoplasma e Elodio, The Ellas, Dismal e Cat People, mentres que Sex Museum e Zodiacs representarán o Estado.

Os británicos Asian Dub Foundation, Kula Shaker e White Rose Movement, o estadounidense Marky Ramone, os franceses Fancy e Gong Gong, os mexicanos Nortec Collective e o sueco Jay-Jay Johanson completan o cartel.


5/5 (1 votos)

Comentarios (1)

cuppido #1 14/Maio/2007 cuppido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tentarei escoitar algunha cançón destes grupos para saber o nivel de calidade (que se seguimos na liña dos anos previos, mal andamos) para cavilar un pouco se, eu como veciño e habitante de caldas, valla a pena asistir a ese tan vendido evento.
Pero xa digo que coma os 3 primeiros anos nengún, sobre todo dende que entraron os dj, ben chamados "maquineros", na programación dos concertos. Polo demáis os eventos culturais que se fan durante a semán (conferencias, exposicións, ...) vallan moito a pena.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: