Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
municipais07

Quintana e Feijoo contra... Orozco

O alcalde de Lugo enfróntase o luns á noite ao portavoz nacional do BNG e ao presidente do PPdeG.

Redacción - 14:25 14/05/2007

O alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, será o representante do PSdeG no debate sobre as eleccións municipais que se emitirá o luns á noite na Galega. O presidente da Xunta e secretario xeral do partido, Emilio Pérez Touriño, declinou o ofrecemento e anunciou que será Orozco o que represente os socialistas.

Para Touriño, é a persoa máis axeitada, pois goberna dende 1999 e en 2003 acadou a maioría absoluta na cidade das murallas. Ademais, López Orozco “non tapará nin substituirá” os candidatos que se presentan aos comicios do día 27. O presidente da Xunta dixo que non estará no debate televisivo porque “son eleccións municipais”.

Orozco terá diante os dous pesos pesados dos outros grandes partidos do país: Anxo Quintana, polo BNG, e Alberto Núñez Feijoo, polo PPdeG. Este último deixou entrever que non acudiría se Touriño non comparecía en representación do Partido Socialista, pero, ao final, o domingo, confirmou que estará no programa Hai debate!, a partir das once e media da noite.


5/5 (3 votos)


Comentarios (2)

Anxo #1 14/Maio/2007 Anxo

Eu creo que é unha boa decisión, non sei se axeitada, pero boa decisión. E certo que a os líderes das grandes formacións cando lles toca debatir non acuden, pero cando non son eles os que se poñen diante dos eleitores nas urnas, apuntanse a un bombardeo, estas eleccións son municipais (e autonómicas onde corresponda), non entendo que teñan que debatir cuestións municipais, persoas alleas as candidaturas, eso leva a que o debate vaia por outros derroteiros. Como exemplo so chega ver a Rajoy anunciando nos mitines "cando eu sexa presidente do goberno farei ..." como si fosen eleccións xerais. Cada un no seu sitio e cando corresponda.

pinchorla #2 14/Maio/2007 pinchorla

Non está nun erro Anxo.Efectivamente os teóricos "grandes partidos", están a levar as municipais como si foran as do Parlamento de Madrid.É por iso que vai Quintana ao debate ,para poder contrarrestar no que poida esa situación, e situalo no que é Eleccións Municipais.Imos elexir Alcaldes e non diputados para Madrid.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: