Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PSdeG: De Lugo ao "corazón de Europa"

Acusando o PP de "moito pico e pouquiña pala", Emilio Pérez Touriño mitineou en Burela destacando a apertura ao tráfico "sen inauguración nin fotos" dun treito da autovía do Cantábrico.

Redacción - 09:00 16/05/2007

"Touriño subliñou que esta conexión "cambiará o futuro de todo Lugo" e colocará o interior da comunidade "no corazón de Europa". Avanzou ademais que durante o que queda de ano vanse abrir 93 novos quilómetros que "garantirán os prazos que prevén que en 2009 estea finalizada na súa totalidade". "Hoxe é un día para a ilusión e a esperanza, xa que marca a entrada do corredor do Cantábrico en Galiza".

O secretario xeral do PSdeG afirmou que o actual goberno español "logrou en tres anos o que o PP non foi capaz de facer" nos oito nos que gobernou baixo a dirección de José María Aznar. Na súa opinión, nestas municipais a decisión estará en "elixir entre un Goberno que cumpre o que promete e quen cree que a campaña é para prometer o que se sabe que non vai cumprir". "Son dúas formas de gobernar e iso é o que se decide o 27 de maio", dixo.

Touriño falou tamén de políticas en materia de vivenda, indicando que o PSdeG fará deste ámbito "un dereito da xente, non un ben para especular, senón algo acadábel a prezo digno para toda a cidadanía". "Co PP a vivenda subiu un 150% e o solo urbanizábel un 500%" como resultado da política da dereita de "liberalizar o solo".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: