Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

BNG: "Nación organizada" e "éxitos" de campaña

Anxo Quintana aproveitou o mitin deste martes en Santiago de Compostela para destacar o debate televisivo do día anterior. No mesmo acto o candidato compostelán do BNG, Néstor Rego, asegurou que o alcalde socialista presume máis dos logros das consellarías xestionadas polo Bloque.

Redacción - 09:00 16/05/2007

"Existen dous modelos neste país, o do BNG e o dos outros", afirmou o voceiro nacional do BNG na súa intervención este martes en Santiago. Anxo Quintana criticou o discurso en clave estatal promovido en campaña polas outras forzas, das que dixo que "a proposta máis novidosa que levan feito e que se ten que executar o Plan Galicia". "Aínda existe iso?", ironizou cara ao auditorio, subliñando a continuación que "o BNG preocúpase polos problemas reais dos cidadáns: promover vivenda protexida, Galescolas, valorizar a nosa cultura: ese é o estilo do nacionalismo".

"Algún que non foi vai querer debater despois do debate", comentou tamén ao respecto da intervención televisiva do luns anterior á beira dos representantes de PPdeG e PSdeG coa ausencia de Emilio Pérez Touriño. "Nos estivemos sempre, porque nos movemos por conviccións e principios democráticos, non por comenencias circunstanciais", indicou, subliñando a audiencia de 350 mil televidentes. Na opinión de Quintana, nese debate só o BNG presentou "compromisos claros", e salientou as propostas en materia de vivenda, especialmente a promesa dun 40% de solo para vivenda protexida por cada promoción urbanística desenvolvida nun concello.

Quintana tamén destacou a aposta do BNG pola supresión das deputacións provinciais, acusando ás outras formacións políticas de teimar en perpetuar "o caciquismo" a través destas institucións. "Só serven para dar subvencións", laiouse. "Temos que avanzar cara á desaparición das deputacións", insistiu, "o noso é un modelo de nación organizada territorialmente de acordo coa súa realidade", sentenciou.


4.9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: