Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

A túa análise electoral en Vieiros: 16 de maio

Este mércores, Manda Ti, De Paso, Zero Vacas e Chimpín.

Redacción - 09:00 16/05/2007
Tags: blogomillo

O debate en vídeo. En Manda Ti.

" No Consello da Xunta do pasado xoves o Presidente Touriño impuxo ao seu gabinete a moratoria de toda campaña publicitaria e propagandística durante o tempo electoral. Onte acudiu a vender as obras públicas que se fixeron en Vigo, plasmación dun compromiso «como nunca existiu nos 20 anos anteriores»". En De Paso.

"Todos os partidos teñen (ou deberían ter) un tapado, un líder futurible o suficientemente potente para lanzalo con efectividade e rapidez se a situación o require. No PSOE teñen a Orozco na recámara dende hai anos, cando a confianza en Touriño non era excesiva e Zapatero aínda non gobernaba en Madrid". En Zero Vacas.

"O certo, e máis logo de ver os datos de audiencia, é que os cidadáns gañaron, e dos que debatían tamén todos gañaron un pouco. Se cadra, só perderon os que non estaban". En Andaime.

"Foron 28 anos de cacicadas, de tropelías e de persecucións. Foron 28 anos de destrucción, de aniquilación do noso concello e agora fálanos de futuro". Sobre Xunqueira de Ambía, en Sei o que fixestes nas últimas municipais.

"O P.D.T. xegou pra kedar-se. Dirisimo-nos a bos para enbiar-bos um hultimatun. Haí bai: que zaivades que keremos ganyar has Eleisions". En O mundo desde un Chimpín.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: