Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Lembranza cinematográfica

"Unha indagación no territorio María Mariño"

O escritor e profesor Manuel Forcadela acaba de presentar o documental 'Estudos sobre María Mariño', e falou con Vieiros do proceso de produción.

Redacción - 13:45 16/05/2007
Manuel Forcadela

Manuel Forcadela

Vieiros: Como xurdiu a idea de realizar un traballo audiovisual sobre María Mariño?

Manuel Forcadela: Levo algún tempo preocupándome pola creación audiovisual e, sobre todo, pola interacción entre música, imaxe e palabra. Hai cousa de dous anos rematei o meu primeiro traballo serio, A Vida Sexual das Gaivotas, que permanece inédito pero que foi visualizado por moitas persoas en diferentes auditorios escolares e universitarios. Un documental de 60 minutos sobre o significado da poesía. Un filme duro e barroco, tamén simbolista, non apto para adictos ao vídeo clip.

A xente foi falando sobre a identidade de María Mariño, sobre a súa relación coa poesía de Rosalía de Castro, con Uxío Novoneyra, sobre a poesía como forma de coñecemento, sobre a incidencia ou non da poesía de raíz popular, sobre a relación entre poesía e filosofía... e cada quen ía afirmando ou negando ou establecendo os seus matices. E iso daba un valor narrativo engadido.


A finais de novembro de 2006, logo de rematar unha serie de traballos que tiña pendentes, sempre no ámbito da escrita, decidín tomar un respiro, e convoquei inicialmente a unha serie de amigos (Anxo Angueira, Román Raña, María Xosé Queizán, Pepe Cáccamo, Marga do Val, Camiño Noia, Ana Romaní, Saleta Goi, Mon Santiso...) para que me falasen sobre María Mariño e/ou lesen igualmente algún poema diante da cámara. Ese foi o inicio do documental.

Comecei a montar secuencias, a procurar músicas, e vin que tiñan unha densidade suxerente e fermosa. Así que decidín continuar, mesmo xa como unha indagación no territorio María Mariño. Quería comprobar ata que punto podíamos, entre todos, a base de comentarios e evocacións, de lecturas de poemas escollidos, de imaxes sobrepostas, non só de María Mariño, senón tamén dos lugares que habitara, de músicas que acertasen co ritmo da poesía da autora, erguer a fantasma dunha muller que levaba morta corenta anos. E creo que, pouco a pouco, foi aparecendo. Mesmo sen dármonos conta.

Comprendín que, ademais de ser un documental sobre María Mariño, podía ser tamén un documental sobre nós mesmos, sobre todas e cada unha das persoas que aparecen nas imaxes ou na banda sonora, e sobre o tempo que estamos a vivir. Así que, finalmente, o filme ten unha intensidade que o espectador atento pode percibir e que se deriva da conxunción de todas estas cousas.

V.: A que fontes recorreron e como foi o proceso de creación?

M.F.: Rodamos e montamos en só dous meses. O guión non estaba escrito en ningures pero estaba moi claro na miña cabeza. Ademais fun aproveitando as controversias que ían xurdindo entre as persoas que interviñan. Unhas afirmaban unha cousa e outras o contrario. Así que tomei nota deses contrastes para dispolos conxuntamente na montaxe, de xeito que se evidenciasen dun xeito claro para o espectador. A xente foi falando sobre a identidade de María Mariño, sobre a súa relación coa poesía de Rosalía de Castro, con Uxío Novoneyra, sobre a poesía como forma de coñecemento, sobre a incidencia ou non da poesía de raíz popular, sobre a relación entre poesía e filosofía... e cada quen ía afirmando ou negando ou establecendo os seus matices. E iso daba un valor narrativo engadido.

V.: Cales foron as maiores dificultades que tiveron que vencer?

M.F.: Non creo que poida falar de dificultades. Máis ben de satisfacción e de divertimento. Para un escritor, acostumado ao silencio e á penumbra dos despachos, saír a filmar un vídeo pode converterse nunha festa, nunha oportunidade para retomar o contacto co mundo que, se cadra, está ausente das bibliotecas e das aulas universitarias. Ademais, a imaxe fílmica é un artefacto semiótico dunha enorme complexidade e creo que a actividade da montaxe axuda, e moito, a ser consciente desa complexidade. Asumir as dúbidas que van xurdindo e ir tomando todas as decisións que finalmente contribúen a crear un estilo resulta un proceso de aprendizaxe fascinante.

V.: Cales foron as principais achegas deste documental?

M.F.: Creo que a principal contribución deste documental radica na conxunción de personalidades que fomos quen de reunir, todas cunha relación explícita con María Mariño, ben como lectores e críticos, ben como creadores literarios ou mesmo amizades persoais no seu día, como é o caso de Saleta Goi, a viúva de Manuel María, que, moi xentilmente, se prestou a participar no filme.

Comprendín que, ademais de ser un documental sobre María Mariño, podía ser tamén un documental sobre nós mesmos, sobre todas e cada unha das persoas que aparecen nas imaxes ou na banda sonora, e sobre o tempo que estamos a vivir. Así que, finalmente, o filme ten unha intensidade que o espectador atento pode percibir e que se deriva da conxunción de todas estas cousas.


V.: Con que recursos contou para facelo?


M.F.: Non contei con ningunha axuda nin subvención para realizalo. Unicamente co esforzo dos meus amigos e o meu propio. A todos estoulles moi agradecido. E creo que eles e elas, dalgún xeito, tamén están orgullosos da súa participación.

Comprendín que, ademais de ser un documental sobre María Mariño, podía ser tamén un documental sobre nós mesmos, sobre todas e cada unha das persoas que aparecen nas imaxes ou na banda sonora, e sobre o tempo que estamos a vivir. Así que, finalmente, o filme ten unha intensidade que o espectador atento pode percibir e que se deriva da conxunción de todas estas cousas.

V.: Que estrutura lle deu á hora de montalo?


M.F.: A base do relato é de índole biográfica. Mais ao tempo que se van presentando os datos comúns sobre a súa vida vanse introducindo declaracións sobre os aspectos estéticos e culturais presentes na súa obra que mencionei antes. Rematamos no cemiterio de Parada do Courel, diante da campa de María Mariño cos "tesos cumes" de Novoneyra aos seus pés e a voz de Anxo Angueira, acompañado por Chopin, recitando: "Aquí che deixo, meu peito canso / aquí che deixo".

V.: Por último, como será distribuído?

M.F.: O filme está a ser distribuído de xeito gratuíto por Editorial Galaxia que tivo a ben facer unha edición non venal para entregar como agasallo aos seus clientes con motivo do 17 de maio. Calquera persoa interesada pode dirixirse á editorial e solicitar unha copia.


Manuel Santiago Fernández Álvarez (Tomiño, 1958), é doutor en Filoloxía, catedrático de lingua e literatura galegas no ensino secundario e profesor asociado na Universidade de Vigo. Ten publicado estudos e edicións críticas sobre a poesía de Pondal, a Guía de lectura de A Esmorga (1991), ou o Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993). Como poeta, levou o Premio Celso Emilio Ferreiro con Ferida acústica de río (1982), o Leliadoura c'O varredor en outono, o Espiral Maior con Morte do fadista (2000), e o da Aula de Poesía de Barcelona con  Refutación da Musa (2001). En narrativa, obtivo tamén o García Barros de Novela con Paisaxe con muller e barco (1990).


3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: