Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alex Salmond, primeiro ministro de Escocia

"Somos unha nación pequena, mais cun gran futuro"

O líder do SNP conseguiu 49 votos para a súa designación, entres estes os dos deputados 'verdes'. Os liberal demócratas e os conservadores abstivéronse.

Redacción - 17:30 16/05/2007
Alex Salmond coa súa muller Moira, este mércores en Holyrood

Alex Salmond coa súa muller Moira, este mércores en Holyrood

O líder do partido independentista escocés SNP, Alex Salmond, foi elixido primeiro Ministro de Escocia esta cuarta feira, tras recibir o apoio dos dous deputados do Partido Verde, ademais do voto dos 47 representantes nacionalistas -un máis ca os laboristas- no Parlamento de Holyrood.

Tanto os liberal-demócratas (16 representantes) como os conservadores (17) e a deputada independente Margo MacDonald abstivéronse na votación.

Alex Salmond sinalou que Holyrood era un "parlamento de minorías", mais rexeitou as acusacións de que Escocia convertérase nun país dividido. "Coido que Escocia está preparada para o cambio, preparada para a reforma", sinalou na cámara, e engadiu: "Somos unha nación pequena, mais cun gran futuro por diante"

Toda a ambición para Escocia

O ex primeiro ministro laborista, Jack McConnell, felicitou a Salmond e sinalou que se sentía orgulloso de liderar o máis grande partido da oposición na historia do parlamento, mais deixoulle unha advertencia ao seu sucesor: "Voltaire dixo unha vez que os gobernos precisan tanto de pastores como de carniceiros, e eu coido que a Alex vaille cumprir ser máis o primeiro ca o segundo no seu novo papel, procurando neste rabaño asegurar maiorías para as súas políticas".

Pola súa banda, Salmond dixo que gobernaría en minoría, buscando apoios "iniciativa por iniciativa", e engadiu: "Hai límites estabelecidos, neste século, ao que as administracións poden acadar. Mais, algo do que non vai carecer un goberno que eu lidere é de falta de ambición para Escocia".


3,89/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: