Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
SOBRE TODO OS ALCALDÁBEIS SOCIALISTAS E DO BLOQUE

Non hai candidato que non prometa wi-fi

Malia que a CMT xa pechou varias redes públicas gratuítas, a campaña está chea de promesas deste tipo.

M.V. - 11:00 17/05/2007

Internet sen fíos, de alta velocidade e gratuíto en todo o concello. Esta é unha das promesas electorais máis escoitadas nesta campaña electoral. Os candidatos prometen wi-fis públicas de balde malia que a Comisión Nacional das Telecomunicacións (CMT) impide ás administracións ofrecer redes sen fíos gratuítas, pois cre que lle fan a competencia desleal aos operadores privados. Baseándose neste razoamento, a CMT xa pechou varias redes públicas, incluída a da cidade de Barcelona.

Malia isto, son innumerábeis os casos dos candidatos, sobre todo de esquerdas, que prometen wi-fis de balde ou subvencionadas. Entre eles están Juan Fajardo (alcaldábel de Esquerda Unida en Vilagarcía), Francisco Rodríguez (do PSdG en Ourense), Pablo Iglesias (do BNG na Rúa), Santi Domínguez (do Bloque en Vigo), ou Domingo Tabuyo (do PSdG en Cambados).

A estes hai que engadir as promesas feitas dende os concellos en pre-campaña. Tal é o caso, por exemplo, de Sánchez Bugallo (PSdG en Santiago) ou Javier Losada (PSdG na Coruña).

Na Estrada saben de custos e cotas
Cómpre tamén ter en conta o alto custo de este tipo de redes. Así, na rede da Estrada Dixital, a maior wi-fi pública do Estado, investíronse máis de 840 mil euros entre a rede e os “kit de acceso”. Ademais, o concello tivo que estabelecer un pago de 10 euros ao mes para evitar a censura da CMT, entre outros requirimentos.


5/5 (4 votos)

Comentarios (6)

casdeiro #1 17/Maio/2007 casdeiro

Pois si que estamos bos! Ale, todos a irradiarnos de microondas grazas aos nosos benqueridos políticos!! >:-(

Fer #2 17/Maio/2007 Fer

#1 Viva! Viva!
A pseudociência da "radiaçom electromagnética maligna" triunfa.
Porfavor, seriedade...

Artritris #3 17/Maio/2007 Artritris

Pois eu despois de ler esta nova insisto: a wi-fi pública e gratuíta para a cidadanía ten que ser o horizonte a procurar!

OBSERVADOR #4 17/Maio/2007 OBSERVADOR

Isso, isso!!

Nada de melhorar as condições laborais!
Nada de criar mais emprego!
Nada de melhorar a sanidade e a educação!
Nada de acabar com os favoritismos e a cultura do amiguismo!
Nada de promover a indústria e a empressa do país e para o país!
Nada de potenciar, por todos os meios, a informação útil e a cultura!

NADA, NADA, NADA DISSO, NADA!!!!

Wi-fi pá tós y tós con Dió. Akí no ha pashao ná. Tu vota que yo ya te Wifico, pakito.

Barcelos #5 18/Maio/2007 Barcelos

E Corina Porro non promete porros gratis en Vigo, para contraatacar?
Na Coruña podería haber wi-fi na praza do mal-Humor. Así mentres lle dás ao botellón chateas no messenger con Losada. Todo un servizo público, si señor.
E falando de servizos públicos, non poderían poñer máis polas rúas?, para que poidan mexar os peons e cagar os cans.

Barcelos #6 18/Maio/2007 Barcelos

En el periódico La Opinión, 16 marzo 2005
La Coruña en gallego es “A Cruña”

Federico Maciñeira Teijeiro
http://www.estudioshistoricos.com/articulo/fmt/fmt_01.htm

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: