Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PPdeG: No 17M proposta estrela para a lingua... inglesa

Os populares propuxeron rehabilitar unha aldea por provincia para estudar inglés. Mentres, Feijoo defendeu a liberdade de "escoller" lingua.

Redacción - 09:00 18/05/2007

Unha aldea onde profesores de inglés lles dean clase nesa lingua aos cativos. Foi unha das propostas destacadas deste 17 de maio pola campaña do PPdeG. A iniciativa forma parte do conxunto de programa que os populares presentan para as deputacións provinciais.

Segundo o seu presidente, Alberte Núñez Feijoo, é necesario "tratar de encher de contido" as deputacións. Núñez Feijoo recoñeceu que estas institucións deben "modernizarse e poñerse ao día"- "Son útiles e necesarias, pero é necesario actualizalas e reformarmos os seus contidos". Nesa liña, solicitou que no marco do Pacto Local, a descentralización de competencias se produza non só en favor dos concellos, senón tamén das deputacións provinciais.

Feijoo aproveitou para afondar na proposta de organización territorial que o seu partido leva no programa marco para estas municipais, coa creación das áreas metropolitanas da Coruña e Vigo, unha segunda fase de integración arredor delas de Ferrol e Pontevedra, tres grandes polos en Ourense, Lugo e Santiago, e a creación doutras nove áreas que funcionen como "tecidos de coordinación" dos servizos urbanos, coordinadas polas deputacións.

Doutra banda, nun acto conmemorativo do Día das Letras Galegas á beira das mocidades do seu partido, Novas Xeracións, Feijoo subliñiou que "o galego non se impón, quérese". "As linguas non se impoñen, senón que se falan e defenden desde os pobos". O líder dos populares pediu ao respecto "non caer en erros do pasado".


2/5 (4 votos)


Comentarios (8)

arzaya #1 18/Maio/2007 arzaya
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hum, o que quere o PP son dous modelos de lingua no ensino público? Iso é novo. Modelo A: en galego excepto castelán, mOdelo B: en castelán excepto galego. Se cadra moitos asinaríamos iso pois é unha mellora para o galego en moitos sitios. Ora ben, como movemos da praza aos profesores que non están dentro dos modelos, que non están capacitados para dar nun galego digno as clases? Aceptarían iso os profesores cando queren impoñer eles o horario? Que pasa se nunha aldea hai 10 país que queren galego e 10 que queren castelán? 2 liñas educativas públicas entre os veciños? E se3 hai 1 só que quere galego? Outra dúbida: porque entón votou si ao 50%? Fai demagxia en contra do galego o PP. Definitivamente, si.

Dias #2 18/Maio/2007 Dias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais sentido fazia em se preocupar se o galegoe é REALMENTE umha língua utilizada nas escolas, desde o início até às universidades. Porque nom o é, uo nom tanto como deveria ser.

"O galego, nom se impom, quere-se."

Querer, quere-se. Mas o castelhano impom-se! Ou é-nos imposto.

Barcelos #3 18/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Escolle a lingua: Cocida, guisada ou estufada? (Núñez Feijoo).

Aldeas inglesas nos Ancares. ¡Que bonito!

Feijoo queremos o galego. O castelán foinos imposto e non o queremos. É moi cómodo falar castelán porque nolo ensinaron desde nenos.

Recuperemos o galego aos poucos desde a infancia e nunha ou dúas xeracións xa seremos maioría. Non é unha imposición, é unha recuperación.

Barcelos #4 18/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todos os partos son dolorosos. Mirade o do euro. Eu aínda traduzo a pesetas. Pero se fixo.
Fagamos o mesmo coa lingua. Establecer unha data obxectivo e uns prazos, sen machucar a ninguén, deixando que as xeracións de castelán-falantes esgótense pero incorporando o galego aos poucos en todos os ámbitos ata que recuperemos o idioma.

LOIS_DE_SILAN #5 18/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As linguas non só se impoñen todas (outra cousa é a estratexia e as técnicas de imposición e a consciencia que se teña delas), senón que quen non impón a propia é porque outros lle impoñen unha allea! A IMPOSICIÓN DA LINGUA PROPIA É ABSOLUTAMENTE LEXÍTIMA, por simple conservación ou sobrevivencia, A IMPOSICIÓN DUNHA LINGUA ALLEA TÉN QUE ESTAR XUSTIFICADA EN BENEFICIO DA COMUNIDADE LINGÜÍSTICA, NON NO SEU PREXUÍZO NIN NO DA LINGUA PROPIA.Se España fose o mundo estaría xustificada a imposición do castelán como lingua común ou interlingua, como lingua antidiscriminatoria (a sua imposición sería a de menor custo económico), mais, como España non é o mundo, preséntase como urxente a súa substitución por outra que desempeñe o papel antidiscriminatorio por mor de lingua, que permita a calquera membro de calquera comunidade lingüística, por pequena que sexa, comunicarse directamente (sen tradutores humanos ou non) con calquera outro de calquera outra comunidade.
A IMPOSICIÓN LEXÍTIMA do galego, para que sexa percibida como "natural" pódeselles botar enriba ás "futuras"(?) xeracións, facendo recaer sobre elas a recuperación de usuarios da lingua propia: os novos serían todos novos usuarios e os maiores podían quedar exentos de cumprir coas súas obrigas xurídicas verbo da lingua propia, mais, isto sería inxusto. A non ser as xeracións máis vellas, os non activos ou xubilados, a todos os outros, entendo eu, débenselles facer cumprir as súas obrigas lingüísticas!

Barcelos #6 18/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Queres dicir que ao que non fale galego xa, cortámoslle a lingua, salvo que sexa xubilado, que entón lle mandamos calar?
Moi forte, ¡eh!
Quédame pouco para a xubilación...

Gaviotero #7 21/Maio/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No creo que Feijóo lea vuestras caralladas...

LOIS_DE_SILAN #8 29/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 Barcelos!...ti es libre para dicir o que queiras. O #6 é moi teu, NON meu. Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: