"Moitos profesionais seguen sen ser libres para informar en galego", láiase o Sindicado de Xornalistas de Galicia.
Desde o Sindicato de Xornalistas de Galicia aproveitaron o 17 de maio para criticar a "práctica hipócrita" nos medios tradicionais de saír á rúa coa portada en galego só cada 17 de maio.
"A realidade do día a día é ben diferente", denuncia o SXG, indicando que son moitos os afiliados do colectivo que queren escribir máis en galego "pero non poden facelo debido as políticas empresariais, que obrigan ao uso do castelán en todas as áreas temáticas que non sexan, sobre todo, cultura ou opinión".
O SXG propón que o emprego do galego sexa, á beira da erradicación da precariedade laboral, un criterio chave "no reparto das importantes subvencións que, baixo a escusa de promover o galego, financian ás empresas da comunicación" en Galiza.
Máis na web do Sindicato.
Darlle cartos a quen non usa na Galiza normalmente, xeralmente, habitualmente a súa lingua territorial propia constitúe un evidente mal uso dos recursos públicos, dos cartos de todos.
Quen na Galiza usa NON EXCEPCIONALMENTE, senón habitualmente, normalmente, xeralmente unha lingua allea, cando se dirixe ó conxunto dos residentes na Galiza, viola, entendo que conscientemente, os dereitos humanos (art. 27 PIDCP), os dereitos fundamentais constitucionalizados (art. 14 CE) e ataca aleivosamente o patrimonio cultural español (xa non digamos o galego!) ex art. 3.3 CE, e incorre, eventualmente, no delito tipificado no art. 542 CP, ó impedir conscientemente o exercicio dos dereitos cívicos dos membros da Comunidade Lingüística Galega no seu territorio propio.
Ó que CONSCIENTEMENTE circula pola esquerda debendo facelo pola dereita NON SE LLE PODEN DAR PREMIOS, HAI QUE PORLLE MULTIÑAS!
"La Voz de Galicia" a partir de mañá sacará a súas edicións en Galicia en galego e pasará a chamarse A Voz de Galicia.
(Letras-Ficción)
Pois o Novas da Galiza passará a chamar-se NUEVAS DE GALÍCIA e acolherá na sua tiragem um 50% (mínimo) de conteúdos em espanholego ou espanhol-de-verdá. A ver se assim recebe uma subvenção como os outros!
A Xunta, págalle á La Voz ou al País por poñer uns artigos en galego, pero non lle vai a pagar a Vieiros que xa fala sempre en galego.
Igualiño que os Bancos, as Caixas, os teléfonos... págase ao que se dá de alta pero non ao que xa está.
Un día ímonos todos...ao carallo.
#1 Pois en relación ó que dí Lois_de_Silan a pesares de non coñecer ben os artígos que cita ateveríame a dicir que nin PREMIOS NIN MULTAS!
Bastaría con REPARTIR O ESFORZO ECONÓMICO ENTRE TÓDOLOS AXENTES que promoven o uso e a continuidade da Lingua Galega...!
De ahí a miña INICIATIVA do Complemento Lingüístico para os profesores que adopten libremente o uso da Lingua Galega nas súas aulas a cotío... en lugar de soltar DECRETAZOS GRATUÍTOS tan alegremente...!
Con 60 €uriños de nada ó mes... a Normalización Lingüística avanzaría ata límites de infarto para máis dun medio de comunicación e de edición que verían como menguan as súas caixas de resistencia ó diminuir unha SUBVENCIÓN que carecería de sentido pois habería xa unha DEMANDA REAL DE MEDIOS EN GALEGO!!!
Remítovos ó meu escrito sobre o tema:
http://vigo.cidadans.net/Erasmo/22460
O que aconteceu com Novas da Galiza foi uma gestão interesseira dos fundos públicos. Assim que não venham agora com pôr 60 eurinhos nem euraços, o que há que fazer é partilhar DEMOCRATICAMENTE o dinheiro público. Que parece que estamos numa província feudal, caralho.
ERASMO...xa lin e relín a túa INICIATIVA en varios sitios. Xa cha contestei en algún deles, mai, non a vin publicada. Non gardei o texto (sempre digo o mesmo!); mais, máis ou menos dicíache que a túa INICIATIVA non era seria. Vexámolo outravolta.
Conceptualmente ti cometes un erro epistemolóxico ó entenderes que existe a liberdade lingüística.
Ontoloxicamente a lingua precisa, tanto na súa xénese coma no seu uso, de máis de un interlocutor, usuario ou inventor. Evidentemente que unha única persoa podería inventar, crear unha lingua (esperanto, v.g.), mais, para usala NORMALMENTE (outra cousa sería un código, secreto ou non, de uso individual) necesitaría a alguén a quen IMPOÑERLLA, ou aprenderlla para logo poder usala con el. Así, a "liberdade lingüística" vén determinada, predeterminada ou condicionada por dous elementos, un sempre externo: o INTERLOCUTOR ou interlocutores, que han de coñecer a mesma lingua; e o outro, normalmente externo tamén, e moi extraordinariamente (de laboratorio ou especulativo) interno ou propio: a APRENDIZAXE da lingua (ou creación/invención, moi raramente!). Daquela, a "túa" lingua non é túa!, senón da comunidade lingüística na que como membro ti te integras.
Para poderes usar unha ou outra lingua primeiro has de coñecelas (unha, dúas,... tres mil?, xa non!, pola banda do coñecemento xa se che acabou a liberdade!), e despois has de atopar interlocutores nelas, outras persoas que coñezan as que ti coñeces E QUEIRAN USAR CONTIGO (e aquí rematouche a liberdade pola banda do uso!) a ou algunhas das que ti coñezas.
ERASMO, (sego contigo)...
De aí que as linguas se IMPOÑAN TODAS, se aprendan todas. E, se algunha comunidade lingüística non lles aprende a súa lingua propia ós seus fillos é porque outros lle impoñen unha allea, ou máis raramente esa comunidade decide unha substitución ou cambio da súa lingua propia por outra allea. Acaso na Franza non impoñen o francés (e desprazan outras linguas da Franza!), en Portugal o portugués, en Castela o castelán, en...calquera territorio a súa lingua territorial propia?
O problema non che é ontolóxico, senón axiolóxico; se é ou non LEXÍTIMO impor, aprender unha ou outra lingua. Neste punto, non de LIBERDADE, SENÓN DE NECESIDADE todos consideran lexítimo impor ou aprender a LINGUA PROPIA. En "Castela" considérase acaso ilexítima a imposición, a aprendizaxe do castelán, da súa lingua territorial propia? Definitivamente NON! Vai, daquela, ser ilexítima a IMPOSICIÓN, o aprendermos o galego na Galiza?..coido que tampouco NNON!
Onde xorde o problema da lexitimación é na IMPOSICIÓN ou aprendizaxe dunha lingua ALLEA, o problema de lexitimación na Galiza, fóra do seu territorio propio, teno o castelán, o francés, o inglés....NON O GALEGO!
No ano 1978 o nacionalismo lingüístico español, o castelanismo xunto coa experiencia autárquica ou de illamento fixo considerarse a España coma un universo lingüístico. Nese cativo universo lingüístico español era lóxico IMPOR unha lingua española como lingua antidiscriminatoria, común ou universal no cativo universo das linguas españolas. E, a de máis económica imposición era o castelán. Hoxe, coa entrada na UE, coa globalización galopante, o castelán non permite comunicarse a calquera español con calquera outro membro de calquera outra comunidade lingüística do mundo, e esta é unha NECESIDADE tamén dos membros da Comunidade Lingüística Galega como o e dos de moitas outras, sobre todo das de menor volume de usuarios. Hoxo o castelán, de lege ferenda, debe ser substituído por outra lingua común, universal ou antidiscriminatoria que teña maior prexección e funcionalidade interlingüística.
ERASMO, (e xa vou rematando)
A NORMALIZACIÓN do galego na Galiza, o uso normal, habitual, xeral do galego na Galiza POR PARTE DE TODOS, o uso NA GALIZA DA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN "CASTELA" O DA SÚA (sen prexuízo de usarse, na Galiza e en "Castela", outras linguas con quen descoñeza as respectivas propias do territorio), digo, implica o USO EXCEPCIONAL DO CASTELÁN ou de outras linguas alleas. O único uso lexítimo (e legal ou xurídico!) do castelán na Galiza actualmente é ese uso, insisto, EXCEPCIONAL!, con quen sendo español descoñeza o galego por falta de arraigo entre nós, por non coñecer a lingua propia do territorio por non ter oportunidades de aprendela.
E, nese escenario de dereitos e obrigas lingüísticas ningún DOCENTE, ningún particular, ningún SERVIDOR PÚBLICO queda exento da obriga de coñecer e usar o galego, con quen o coñeza (sen prexuízo de usar o castelán ou outra lingua allea que se coñeza nesa función antidiscriminatoria descrita, ou iocandi causa, docendi causa, ou causas excepcionais análogas), normalmente, xeralmente, habitualmente.
Por outra banda, para a normalización, non é boa cousa obviar as economías de escala asociadas ás linguas de maior número de usuarios...os docentes co "plus lingüístico" non ían poder coa presión económica do castelán fóra do ensino...e xa que non se deslexitimase a súa función polos cartos.
Desculpa...e saúdos.
Moita ferramenta xurídica vexo aquí... e pode que entre leguleios ande o conto do galego per sécula seculorum pero namentras defines as OBRIGAS LINGÜÍSTICAS NUN DETERMINADO TERRITORIO esqueces que os individuos dese territorio xa fixeron a súa aprendizaxe lingüística en contacto con outras linguas ó longo das súas vidas e polo tanto ATOPARON OS SEUS INTERLOCUTORES PARA PODER EMPREGALAS en cantos lugares lles pareceza e ó seu antoxo...?
En canto ás economías de escala non sei ben que pintan neste asunto pois se se trata de COMBATER ó castelán como lingua allea na Galicia estaría ben o que contas... pero polo contrario a Normalización Lingüística do Galego ten coma obxectivo a COMPETENCIA LINGÜÍSTICA NAS DÚAS LINGUAS...!
E coma 'funcionario público' (que non servidor de ninguén) teño a obriga de desenrolar a miña profesión do xeito máis EFICAZ posible cos medios cos que conto en cada momento...
Así pois os DIGLÓSICOS que fomos educados na Galicia 'sometidos' a unha lingua A (Castelán) desempeñamos as nosas competencias lingüísticas nesa lingua con bastante soltura... mentres seguimos a empregar o Galego coma lingua B nos eidos máis familiares ou cando atopamos galego-falantes que o empregan coma a súa lingua A...
Polo tanto o Complemento Lingüístico facilitaría enormemente dúas cousas:
1. Non seguir a DESTROZAR o galego cando se lle impón como obriga ós docentes que non o teñen como lingua A, facendo que xeracións enteriras de xoves teñan que padecer unhas aulas en un GALEGO tan bestial que nin é galego nin é nada: só unha triste lingua funcionarial desvencellada da historia e da vida dos falantes... unha lingua que INSULTA ós ouvidos dos que a escoitan...!
2.Permitir a libre ELECCIÓN DA LINGUA na que desexamos falar sempre e cando respectemos o direito dos demáis a falar a lingua que desexen falar... ben entendido que aquí entran o Galego i o Castelán coma linguas en contacto aínda que tamén poderíamos dar aulas en francés, inglés, etc... como ben sabes existen programas nese sentido para favorecer a inmersión ligüística do alumnado que LIBREMENTE se apunta a estes programas Lingua!
3. O complemento lingüístico de 60 €uros mensuais podería ser un INCENTIVO económico que promovera moito máis do que algúns pensan o Xiro Copernicano na VALORACIÓN do Galego coma lingua A para todos aqueles que así o decidiran...!
Polo tanto non vexo ningunha deslexitimación polos cartos por ningures... senon máis ben todo o contrario!
Ou acaso as Editorias traballan de balde? Ou os programas da TVG fanse con Decretos? Fanse con diñeiro público empregado en dinamizar ou manter unha lingua que é a de todos nós...!
Hoxe lía na prensa que a Conselleira de Cultura estaba moi contenta porque xa se distribuiron 30.000 exemplares de 'contos do tren' e pensa seguir distribuindo 10.000 exemplares por semana... o que non sei é ata cando?
Eu só suliño que unha parte destes CARTOS non faría nada do outro mundo distribuindoos entre os profesores que supoño farían mellor uso deles do que farán as EDITORIAS contratatas pola bonita suma de 30 Millóns de Euros!
Xa está ben de mezclar churras con merinas e dicir que estamos potenciando o uso da lingua galega cando o que estamos é a ABUSAR DUNHA LEXISLACIÓN AUTORITARIA cos que ata hoxe fomos correa de transmisión do Galego para ás xeracións da democracia neste país.
Porque unha cousa é OBRIGAR ó uso do galego nas aulas e outra moi distinta favorecelo por tódolos medios posibles!
Ignorantes?...ti si que ignoras...pero ignoras todo, case nin sabes que é galiza...que foi...etc...
Sabes menos de nos que un de EEUU. Vaite pra tua terra!!! E deixa de intentar coloniza-la nosa dun xeito tristisimo e falto de elegancia dialectal.
ERASMO, NON! Na China non atopas doado con quen falar en castelán nin en galego!
Con todo, os que aqui aprenderon o castelán non o fixeron como acto de liberdade, senón por IMPOSICIÓN. Insisto, AS LINGUAS IMPÓÑENSE TODAS! Non se aprenden por arte de birli birloque ou ciencia infusa. E, evidentemente que se poden impor máis de unha simultaneamente.
ERASMO!.. de onde carallo sacas que a "normalización lingüística DO GALEGO!, tén como obxectivo a COMPETENCIA LINGÜÍSTICA NAS DÚAS LINGUAS"? Que entendes ti por normalización dunha lingua?
ERASMO!, ti cres que con 60€ os diglósicos van deixar de selo e evitar a (re)produción de novos diglósicos?
ERASMO!, os docentes que destrozan o galego non poden ser docentes...os docentes que destrozan o galego PODEN aprender a usalo sen estropealo!
ERASMO!, a "libre" elección de lingua significa a intervención das economías de escala!..: NA GALIZA NA SÚA LINGA TERRITORIAL COMA EN "CASTELA" NA SÚA, sen prexuízo de usarmos tamén outras linguas con quen lexitimamente descoñeza a propia do territorio! Usar unha lingua significa ter interlocutores nela! O castelán tén o seu territorio propio sen necesidade de que na Galiza extinga o galego.
ERASMO!, o tema do plurilingüísmo resólvese co BILINGÜÍSMO NECESARIO...en iuslingüística semella haber moitos "especialistas en todo"!
ERASMO!, e remato, que se empreguen indebidamente cartos en subvencionar isto ou aquilo porque, disque, contribúen a normalizar o galego, non xustifica, non lexitima, engadir outro colectivo, grupo empresarial,...ós acredores de estragos económicos. O que hai que facer é cumprir o ordenamento xurídico!
Saúdos!
LOIS sinto NON ESTAR DE ACORDO COA LEXISLACIÓN DO EMBUDO!!
O da competencia lingüística nas dúas linguas é o obxectivo que se marca o novo Decreto cando fala do 50% das materias en galego e o 50% en castelán!
Agás que ti persoalmente quixeras un pais no que o alumnado 'esquecera' paulatinamente o Castelán ou que tivese nesta 'lingua imposta' unha competencia similar á calquera outra lingua estranxeira...?
Con 60€ o diglósico pode que teña un estímulo para esforzarse en deixar de selo... e mentres non cambie o sistema económico capitalista supoño que non reproducirá novos diglósicos xamais! Que levante a man quen NON queira máis cartos?
Os docentes non somos o chivo expiatorio de tódolos males deste mundo e se algunha responsabilidade temos será compartida coa sociedade en conxunto e non debemos ser (mal)tratados de xeito gratuíto! Como docentes se nos esixe ser competentes básicamente nas nosas materias... en canto poder aprender outras cousas é unha cuestión de vontade persoal e polo tanto deberase RECOÑECER o esforzo persoal neste asunto e COMPLEMENTALO coma corresponde...!
Eu nunca dixen que se gasten 'indebidamente' cartos en subvencionar por exemplo ás Empresas que empreguen o Galego... só digo que ós profesores que poñemos a cara para salvar o galego TAMÉN SE NOS DEBERA RECOÑERCER ESTA DÉBEDA igual que ós demáis sectores productivos subvencionados!!!
Pero nesta charla esqueces o máis importante para mín: UNHA LINGUA NON SE IMPÓN POR DECRETO XAMAIS!
Agás que teñas unha consideración coductista da estructura cerebral dos falantes e polo tanto penses que a base de MULTAS ou SANCIÓNS imos defender mellor o galego que se o INCENTIVAMOS ECONOMICAMENTE para que pouco a pouco e libremente os falantes vaian modificando cognitivamente os seus niveis de competencia lingüística e proceder así a unha REAL E VERDADEIRA NORMALIZACIÓN do galego en tódolos eidos da actividade social e cultural deste pais...!
Parece que sí somos 'galegos' cando tiramos a fariña e collemos o farelo: gastamos 50 millóns de euros con alegría infinita en fogos de artificio e despois racaneamos un Complemento Lingüistico miserento...!
Non o comprendo e ademáis pareceme totalmente inxusto!
Saúdos e boa fortuna!!!
#14 ERASMO!..O inexistente, mais probábel, futuro decreto do 50% (como mínimo?) NON DEFINE, DELIMITA OU COMPRENDE A NORMALIZACIÓN DO GALEGO, SÓ ESTABLECERÁ UN OBXECTIVO CURRICULAR PARA DETERMINADO TRAMO DO ENSINO OBRIGATORIO! A normalización vén regulada, fundamentalmente, nos arts. 14 e 9 da CE, e mais no 5 do EAG. E complementariamente, na medida en que sexa compatíbel co bloque de constitucionalidade, noutras leis (nomeadamente a LNL).
A normalización é un proceso no que pode ter cabida o do 50% como mínimo nunha fase temperá (que xa debera estar moi superada!). A situación de normalizado será cando na Galiza se use a súa lingua territorial propia como en Castela se vén usando a súa. E o castelán ben pode ser substituído, antes que despois, por outra lingua universal de maior funcionalidade interlingüística que a que ós galegos nos proporciona o castelán (lingua común ou universal para o cativo universo das linguas españolas). Si, propoño a substitución do castelán por outra lingua máis útil! Sen prexuízo de que quen o precise o aprenda!
O diglósico, por profesionalidade, tén que deixar de selo se quere ser un docente competente!..sen necesidade dos 60€. A competencia lingüística é transversal!, non específica da materia "lingua galega" ou "lingua castélá"!
Eu si digo que se gastan indebidamente cartos na "promoción do galego". A defensa do galego na Galiza é, esencialmente, xurídico-política, NON ECONÓMICA! Acaso para a defensa do castelán en Castela se acode ó incentivo económico coma na Galiza?
"UNHA LINGUA NON SE IMPÓN POR DECRETO XAMAIS"...e logo, o castelán impúxose na Galiza dádolles ós galegousuarios 60€ cada mes?
ERASMO!...se pouco a pouco, por medio de INCENTIVOS, imos conseguindo a normalización ESTAMOS APLICANDO CRITERIOS CONDUTISTAS!..o incentivo pode ser de reforzo do placer ou de evitación do castigo, non o esquezas!
Ti que te dis amante da liberdade, intenta reparar a violación desa liberdade que defendes deixando sen efecto a ILEXITIMA IMPOSICIÓN NA GALIZA DO CASTELÁN!
LOIS vexo que non queres entender... e non é posible ó parecer chegarmos a certo consenso neste tema.
Eu intenteino a bofé que o seguirei intentando porque penso que os 60€ son moito máis cun 'reforzo positivo' para os docentes... son un RECOÑECEMENTO explícito dunha política lingüística que deixa de CONDEAR por Decreto e vólvese intelixente dunha vez por todas!
Gostaríame ter os datos ecoómicos do que levamos gastado en CURSOS E CURSIÑOS uns obrigatorios e outros de perfeccionamento da lingua galega ó longo destes anos?
Gostaríame saber o número de HORAS impagadas ós funcionarios docentes por este concepto ó longo dos anos...?
E como podes ver ós dous estamos deixando sen efecto a que chamas 'ilexítima imposición do castelán' pois os dous estamos a falar (escribir) en galego aínda que a mín non me pagaron aínda o Complemento Lingüístico Galego que reclamo...!
Noutro lugar respondín que faría eu con 6000 Euros ó mes (que ó parecer é a cantidade gastada polo Concello da Coruña en recursos contra a sentenza que lle obriga a galeguizar o mome da cidade): pagaríalle a 100 profesores da Coruña o Complemento Lingüístico tódolos meses e xúroche que a estas alturas o ELE xa non sería ningún problema para os coruñeses...!
Faría o mesmo cos cartos que custará a campaña da Mesa para 'concienciar' ós coruñeses sobre algo que xa teñen ben coñecido...
E faría avanzar ó galego no ensino moito máis alá da miopía política que supón crer en que as LINGUAS impoñense por DECRETO
no século XXI.
En canto a ser ou non un docente competente porque fale ou deixe de falar en galego nas miñas aulas penso que vas demasiado lonxe...!
E de seguir por este camiño posiblemente teñamos que seguir gastando os cartos dos cidadáns en recursos e contra-recursos durante outros dez anos máis...!!!
E o que é máis triste: vendo como ninguén ten ganas de defender unha lingua que se enfronta ós seus falantes dende a prepotencia i a 'autoridade' das leis e non é capaz de comprender que non se fixeron os homes para as leis... senon as leis para mellorar a convivencia entre os homes i mulleres desta terra.
Aínda así... son só 60 €uros de nada... home non é para porse así!
ERASMO! A docencia significa comunicación, non só coñecementos ou sabiduría. Quen pretenda comunicar ha de ser respectuoso cos dereitos dos seus interlocutores. E, ese respecto implica USAR NA GALIZA A SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMO EN "CASTELA" SE USA A SÚA. Isto é, un uso normal, habitual, xeral do galego; sen prexuízo de usar EXCEPCIONALMENTE outras linguas, entre elas o caselán. Quen use habitualmente unha lingua allea será un sabio, será unha eminencia nesta ou naquela materia, mais, non é un bo docente!
Insisto!, o da normalización do galego na Galiza é un problema esencialmente xurídico-político, de PODER,..todo o suave que queiras!, mais, de PODER LEXÍTIMO, non do poder dos cartos! Que dar a coñecer os argumentos desa lexitimación tén un correlato económico, INDUBIDÁBEL!, mais, convén non confudir a xerarquía das categorías.
Eu, por outra banda, non me opoño a que a xente dispoña dos recursos necesarios para que a súa vida sexa digna, mais, coido que non é a causa da lingua a que xustifica unha mellora ou recoñecemento económico dos que a usan, senón que debe esixírselles usala ós que debendo non o fan.
Saúdos.