Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PSdeG: na procura do voto mozo

"Paga a pena votar", dixo Emilio Pérez Touriño en Ferrol, onde insistiu especialmente en pedirlle o voto da mocidade.

Redacción - 09:00 20/05/2007

"Para crear emprego, acceder a vivendas asequíbeis, respectar o medio ambiente, paga a pena votar", quixo transmitirlles o secretario xeral do PsdeG aos asistentes do acto deste sábado en Ferrol, onde defendeu que o seu partido traballa "para que os mozos mellor formados de Galiza non só non teñan que marchar da nosa terra por falta de oportunidades, senón que os que marcharon poidan volver a unha Galiza que avanza".

Touriño definiu que "foron os mozos e mozas o motor do cambio en Galiza" e chamou á mocidade a seren "o motor do cambio nos concellos". "Votade para que ninguén decida por vós, para ser donos da vosa vida, tedes que ser donos do voso voto”, afirmou.

Por outra parte prometeu que o proxecto dos socialistas para Ferrol conseguirá que "volva ser unha cidade innovadora, de referencia en Galiza". Ao fío, destacou a segunda fase do porto exterior e do plan da Xunta para a "diversificación industrial" de Ferrolterra. "Esta cidade está ás portas do cambio", prognosticou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: