Esta fin de semana, Croques, ZeroVacas, Ribadeo-Historia, Amigus, Elianinha, Andaime, Letras Vaqueiras e Chimpín.
"Esta medida, promovida polo goberno de coalición formado por socialistas e nacionalistas, sen dúbida é polémica, pero algo había que facer para combater o desaforado imperio do ladrillo que está destruíndo a paixaxe galega e o medio ambiente". En Croques, a bitácora de Perfecto Conde.
"O consistorio compostelán que resulte elixido o 27 de maio vai tomar a decisión definitiva sobre a concesión a Manuel Fraga dunha rúa co seu nome. Unha boa forma de baixar o prezo da vivenda, nesa zona, si señor". No weblog de Zero Vacas.
Programas electorais de PP, PSOE e BNG en Ribadeo-Historia
"As Pontes, o municipio con máis habitantes da comarca, tamén é no que menos agrupacións políticas concorren". En Asociación Informática das Pontes, Amigus.
"Estamos en plena campaña electoral, como todolos periodos electorais as distintas formacións políticas saen as ruas para pedir o voto dos sufridos, cansos e descreidos veciños, a diferencia está en que cando xa viviches estas datas bastantes veces convirteste nun auténtico escéptico, pero ainda asi vamos a analizar que nos prometen os nosos políticos esta volta". No blog Urbanismo en Pontedeume. Sobre o mesmo concello en Desgoberno en Pontedeume.
"Ideal para ver antes das eleccións", o vídeo As farolas, no blog da Elianinha.
"Non acerta o PPdeG nos convidados aos seus actos de campaña. A inercia do fraguismo e o aznarismo chimpouno fóra do do poder. Agora e do aznarismo en particular, traen algunhas das peores mostras a distorsionar a campaña galega. Mal os vexo. As primarias de Rajoy pódenlle escarallar as primarias de Feijoo". No Andaime
"O sábado dimos conta da de Becerreá; antonte, da da Fonsagrada, e onte e hoxe, das dos concellos do N: Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais. En varios destes cinco albíscanse guerras moi disputadas". En Letras Vaqueiras.
"Revisando antigas entradas atopei unha na que falaba de Alternativa Estradense, dando por feito que perdera a miña aposta comigo mesmo de que non ían presentarse ás eleccións". O mundo desde un chimpín