No sector da construción aumentou nun 92%, na hostalaría, un 17%, e no comercio e no sector téxtil, un 16%.
O número de contratos indefinidos asinados en Galiza durante o primeiro cuadrimestre de 2007 medrou un 36% con respecto ao mesmo período de 2006, o que supón a cifra máis alta dos últimos anos e un incremento do 53% respecto a 2005.
Así, segundo informou este sábado a Consellería de Traballo, dos 271.530 contratos rexistrados en no país entre xaneiro e abril deste ano, 36.289 tiñan carácter indefinido, o que significa que o 13,4% dos contratos rexistrados son fixos, mentres que esta porcentaxe en 2006 ascendeu ao 10,6%.
Segundo destacou o departamento autonómico, no período económico de 2006, acadouse unha taxa de precariedade laboral do 34,9%, o que supuxo "un cambio que pode incidir decisivamente sobre a contratación temporal".
Sectores
Traballo salientou o aumento da contratación indefinida en sectores que como a construción, cun aumento dos contratos fixos nun 92%. Ademais, a hostalaría incrementou a súa taxa de traballadores fixos nun 17%, e o comercio e o sector téxtil, nun 16%.