Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PSdeG: Vigo "gañará"?

Coas enquisas do día sementando incerteza, Touriño estivo en Vigo pedindo o voto para que "Vigo non quede atrás".

Redacción - 09:00 21/05/2007

"Necesitamos Vigo", insistiu Emilio Pérez Touriño no seu mitin na cidade olívica. O secretario xeral do PSdeG advertiu de que Galiza "xógase moito en Vigo" e afirmou que nesta campaña se vai escoller entre unha cidade "de dereitas, ou de dereitos", na que "manden menos os poderosos e máis os cidadáns".

Touriño referiuse a Vigo como "unha cidade de esquerdas" asegurando que representa "mellor que ningunha" en Galiza o "afán de progreso gañas de emprender". O líder dos socialistas galegos solicitou o apoio dos vigueses para optaren por un proxecto que non use Vigo para "confrontar coa Xunta" e avalen un goberno local que "traballe en positivo e reme na mesma dirección". "Este potente fórmula 1 tén para competir o mellor circuíto e necesita un bo piloto, un que naza para chegar á vitoria o día 27, e é Abel Caballero", dixo sobre o candidato á alcaldía, ao que definiu coma "o noso Fernando Alonso de Galiza".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: